"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Sacerdote. Ingresou no convento dominicano de San Xosé de Padrón (1889) e estudiou filosofía no convento de Coria (1890-1892) e teoloxía no convento de San Esteban en Salamanca (1892-1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas escudo cortado: primeiro, en campo de azul, con cinco besantes de ouro, postos en aspa; segundo, en campo de ouro, cunha aguia de sable, bicéfala; bordo de goles, cargado de seis cunchas de vieira, de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista. Secretario e capelán de Hernán Cortés (1542-1547), participou con el na expedición a Alxer. Aínda que non foi nunca a América, escribiu unha Historia general de las Indias y conquista de México (1552), sobre datos que Cortés lle facilitou. Como réplica, Bernal Díaz del Castillo escribiu a súa obra, Historia verdadera de la conquista de la Nueva España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi maxistral de Mondoñedo e de Santiago de Compostela (1632), así como bispo de Tui (1649-1656) e de León (1657). Destacou como teólogo e orador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi alcalde de Vigo e presidente da Deputación de Pontevedra, onde representou a cidade durante 40 anos. Foi cónsul de Chile e Costa Rica, e como empresario estableceu unha fábrica de chocolate e fundou a primeira fábrica de papel continuo de Vigo, La Cristina. Recibiu de Afonso XIII a Gran Cruz de Isabel la Católica (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi misioneiro xesuíta en Asia e Oceanía, vicario apostólico das illas Marianas, Carolinas e Marshall e bispo de Toquio (1923). Escribiu Indulgencias auténticas y su calendario (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Despois da independencia de México iniciou unha serie de pronunciamentos, entre 1828 e 1832, ata que foi nomeado presidente da República en 1833. Comandou o exército na loita contra a independencia de Texas (1835-1836). Derrotado e capturado polo exército texano na Batalla de San Jacinto, asinou o tratado polo que Texas acadou a súa independencia. Liberado polo presidente de EE UU, Andrew Jackson, volveu a México e frustrou o intento dos franceses de tomar Veracruz (1838). Elixido de novo presidente en 1839, no período 1841-1844 rexeitou a constitución liberal de 1824 e proclamouse presidente con poderes ditatoriais. Volveu á presidencia entre 1846-1847 e 1853-1855.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Josefina López González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Rexedor perpetuo da cidade da Coruña, foi membro da Audiencia de Asturias (1799-1808). Foi deputado pola provincia da Coruña nas Cortes de Cádiz (1810-1813) e adheriuse ao sector absolutista. Foi tamén alcalde de Casa e Corte en maio de 1814. Perseguido e encarcerado durante o Trienio Liberal, co retorno do absolutismo foi ministro togado do Supremo Consello da Guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Asesor lingüístico da TVG, é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro e coordinador de área da revista Cadernos da Lingua. Interesado nos estudios sobre o galego oral e a incidencia desta lingua nos medios de comunicación, é autor de Desde o teito da noite (1987), Vocabulario dos pesos e medidas (1988), Vocabulario do medio físico (1988), en colaboración, Cadernos dos dereitos e das horas (1994) e O tempo entre murallas (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador e escritor. Colaborou en diversas revistas de banda deseñada, como Can sen dono e Golfiño, labor que compaxinou coa ilustración de libros como A Galiña Azul (1991), de Carlos Casares, Gatto Tigrato e Miss Rondinela (1991), de Jorge Amado, Nace un campión (1993), de Úrsula Heinze, e O avó é sabio (2002), de Fina Casalderrey. Da súa autoría destacan Voces na lagoa do espantallo (1990), Baile de colores (1992) e Teodomiro xoga con dragóns (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi director da sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas do Seminario de Estudos Galegos. Membro do Partido Galeguista, participou na comisión que acudiu a Madrid para tramitar o Estatuto de Autonomía. Trala Guerra Civil Española exiliouse en México e deu clases na Universidade de Michoacán. Participou nas actividades políticas dirixidas polo Consello de Galiza na década de 1940 e posteriormente relacionouse coa Unión do Pobo Galego. Formou parte do consello de redacción da revista Vieiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e escenógrafo. A súa traxectoria teatral está vinculada ás compañías Teatro Circo, Escola Dramática Galega e Luís Seoane, coas que participou en espectáculos como Zardigot, Os vellos non deben de namorarse, A voda de Esganarello e O rei aborrecido, e nas que realizou distintas escenografías. Colaborador habitual da escola de formación teatral Casahamlet, publicou diversos traballos sobre plástica escénica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oftalmólogo. Traballou no campo da histoloxía ocular, xunto con Cajal e P. del Río Hortega, e descubriu no nervio óptico a microglía e a oligodendroglía, descritas primeiro por este último. Tamén estudiou os efectos patolóxicos da avitaminose durante a Guerra Civil Española. Fixo contribucións técnicas, como o oftalmoscopio fotográfico, e publicou La excitación mecánica de la retina (1933) e Biomicroscopia del fondo del ojo (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da literatura. Foi autor de edicións críticas e de artigos sobre novela pastoral e bizantina. Publicou Introdución á literatura medieval española (1953), Métrica española del siglo XX (1969), Notas sobre la espiritualidad española de los siglos de oro (1972), Lírica medieval española (1977), Tomás Moro y España: sus relaciones hasta el siglo XVIII (1980) e Panorama crítico sobre el poema del Cid (1982). Correspondente da Real Academias Española, é autor de edicións literarias como Poéticas castellanas de la Edad Media (1985) e colaborou en dous volumes do Século de Ouro da Historia y Crítica de la Literatura Española, que dirixiu Francisco Rico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e economista. Foi economista no Banco Popular Español (1972-1973) e no Grupo Banco Central (1973-1974). Director económico financeiro en SODIGA, foi deputado do Parlamento galego na III lexislatura polo PSdeG-EG. Colaborou en diversas publicacións e escribiu Desarticulación y dependencia industrial de Galicia (1977) e Excedente agrario e modo de produción: unha aproximación á lóxica da historia (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Coñecido como Tokio, colabora en diversos xornais e publicacións de banda deseñada. É autor de Achegándonos aos mamíferos mariños (1993) e Xogando con Enol: unidade didáctica sobre o mar (1997). Foi galardoado co Premio de Humor de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Ordenouse sacerdote (1954) e especializouse en teoloxía e filoloxía semítica. Escribiu Dos siglos de crítica literaria en torno al prólogo de San Juan (1973), Feijoo y la Biblia o la gran paradoja (1976) e Sacerdocio ministerial y Eucaristía en la Carta a los Hebreos (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. É autora de traballos de historia e crítica literaria publicados no Anuario de estudios literarios galegos (1992). Publicou A difusión dos cancioneiros galego-portugueses na Galicia no século XIX (1989) e Névoas de antano (I Premio de Investigación Lingüística-Literaria Carballo Calero, 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cóengo da Catedral de Santiago de Compostela, historiador, arqueólogo e novelista. Durante a súa estadía en Madrid dedicouse á transcrición de documentos galegos do Archivo Histórico Nacional e comezou a escribir os seus primeiros artigos de carácter histórico. Foi arquiveiro-bibliotecario (1865) e realizou un labor investigador e arqueolóxico na catedral de Santiago de Compostela desde 1871. Fundou a revista Galicia Histórica (1901-1903) e colaborou en distintas publicacións, como El Porvenir, Galicia Católica, El Pensamiento Gallego e Galicia Diplomática. Ademais publicou estudios históricos, fontes, bibliografía e crónicas de Galicia. No ámbito da literatura galega pódese incluír na segunda xeración provincialista, xunto con algúns autores coetáneos, como Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal, pero se estes últimos se dedicaban á produción poética en galego, López Ferreiro cultivou o xénero novelístico. Nese sentido destaca a súa influencia...

    VER O DETALLE DO TERMO