"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Microfotografía dun documento, que se utilizou indistintamente en negativo e en positivo. Lese por transparencia, aínda que tamén se obtén por reproducións sobre papel mediante aparatos lectoreprodutores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da informática relacionada co deseño, a produción, a utilización e as consecuencias dos microordenadores. A microinformática, que naceu coa aparición dos primeiros microordenadores, sufríu unha evolución extraordinaria en poucos anos. De feito, o microordenador foi ideado como unha versión simplificada e para o uso persoal dun usuario, en contraposición aos grandes ordenadores, propios das grandes instalacións informáticas e centros de cálculos e de xestión de gran capacidade. A constante evolución dos microprocesadores aumentou a capacidade de memoria, a aparición de programas cada vez máis potentes e o uso de redes locais, o que constitúe o futuro a curto prazo da informática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Neuropatía producida por inxestión de peixe contaminado con metilmercurio, recoñecida por primeira vez na baía de Minamata en Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director e presentador dos programas El Tranvía e El Debate en Televigo e correspondente en Vigo de El Mundo Deportivo de Barcelona. É técnico de radiodifusión e televisión. Foi locutor radiofónico en Radio Vigo-Cadena SER (1965-2000), onde dirixiu o programa de tema social e político Las cuestiones de cada día. Ademais, realizou entre 1984 e 1989 o programa Sin distancias, en que se conectaba a Cadena SER-Galicia con Radio Excelsior de Bos Aires. A partir de 1989, e desde o programa Recorriendo España, emitido por Radio El Mundo, ofrece información sobre os acontementos máis destacados para a colectividade galega. Organizador da homenaxe anual a Carlos Gardel en Vigo, foi condecorado coa Orden de Mayo al Mérito, no grao de oficial, polo goberno arxentino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático lituano. Fixo investigacións sobre xeometrías non euclidianas e deu unha interpretación xeométrica da relatividade especial de Einstein, mediante o espazo cuadridimensional que leva o seu nome. Recibiu o Premio da Académie des Sciences de París (1882) por establecer as bases da teoría das formas cadráticas con coeficientes enteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘formiga’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero de orixe australiana, da orde dos marsupiais, que pertence ao xénero Myrmecobius, que se alimenta de térmites e de formigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas ou á dispersión das diásporas nas que interveñen as formigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á especie que se alimenta de formigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mirmecofáxidos.

    2. Mamífero da familia dos mirmecofáxidos.

    3. Familia de mamíferos desdentados, da orde dos xenartros, de corpo robusto e alongado, que acadan unha lonxitude total de 1,20 m. Desprovistos de dentes, o seu fociño presenta unha forma tubular, e a súa boca, pequena e estreita, contén unha lingua vermiforme. Son insectívoros e aliméntanse introducindo a súa lingua pegañenta nos formigueiros e nos niños das térmites. A familia comprende tres xéneros: Myrmecophaga (oso formigueiro), Tamandua e Cyclopes. Habitan en América, desde o centro do continente ata Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás especies que habitan preto dos formigueiros e establecen cos seus habitantes relacións de depredación, comensalismo ou simbiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica ao estudo das formigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da entomoloxía que se dedica ao estudo das formigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mirmeleóntidos.

    2. Insecto da familia dos mirmeleóntidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos neurópteros, formada por individuos que acadan ata uns 30 cm de lonxitude, coas ás grosas e os tarsos pentámeros. As larvas teñen unhas mandíbulas potentes, con numerosos dentes, coas que se alimentan de formigas. A esta familia pertence a formiga león.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo mirmidón.

    2. Individuo do pobo mirmidón.

    3. Pobo lendario de Tessalia, que segundo os poemas homéricos participou na Guerra de Troia baixo o mando de Aquiles. Considerábanse descendentes das formigas, convertidas en homes por Zeus, a petición de Éaco despois dunha peste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gladiador da antiga Roma armado cun casco que levaba a figura dun peixe e unha pequena espada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante ao mirto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Interpretou fundamentalmente papeis tráxicos e westerns. Despois da súa participación en The Story of G. I. Joe (1945), pola que foi nominado ao Oscar como mellor actor secundario, converteuse nunha das estrelas máis cotizadas de Hollywood. Da súa filmografía destacan River of No Return (1954), The Night of the Hunter (1955), Home from Hill (1960), Cape Fear (1962 e 1991), El Dorado (1966), The Yakuza (1975), The Last Tycoon (1976), The Ambassador (1984) e Dead Man (1995). Recibiu o Premio Donostia polo conxunto da súa carreira (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mitofiformes.

    2. Peixe da orde dos mitofiformes.

    3. Orde de peixes de pequeno tamaño, de corpo delgado, nú ou recuberto de escamas. Habitan en todos os mares, especialmetne nas rexións abisais, e moitos posúen fotóforo, polo que tamén se lles coñece co nome de peixes lanterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de mitra.

    VER O DETALLE DO TERMO