"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. Que evita mostrar ou recibir afecto ou o trato cos demais.

    2. Aplícase ao animal que evita o trato co home ou que non está domesticado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos de formación de palabras co significado de ‘división’, ‘partición’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito indehiscente pluricarpelar que, na madurez, se descompón en monocarpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • procariótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Psicose que se caracteriza pola falta de equilibrio psicolóxico a causa dun trastorno no proceso de asociación. Trátase dunha disociación específica das funcións psíquicas, cunha progresiva destrución dos recordos e alteracións na relación entre intelixencia e conduta, e acompáñase a miúdo dun peche fronte ao mundo exterior, que se manifesta como unha indiferenza e un desinterese. Polo feito de que a esquizofrenia aparece durante a adolescencia, nun principio recibiu o nome impropio de demencia precoz. P. E. Bleuler asignoulle a actual denominación (que significa ‘mente escindida’) e destacou a pluralidade de formas que tiñan como característica común a perda da unidade da personalidade. A esquizofrenia evoluciona ás veces dunha maneira continuada e outras veces con bruscas interrupcións. Parece accesible á psicoterapia e pódese someter a tratamento farmacolóxico. Distínguense tres grandes tipos: as esquizofrenias hebefrénicas, con síntomas que se derivan da falta de afecto; as...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á esquizofrenia.

    2. Que ou quen presenta esquizofrenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de reprodución asexual da que resulta un individuo sexual e outro asexual. Consiste na división dun individuo proxenitor, no que a rexión posterior, que posúe os gametos, se separa e rexenera a que lle falta. É típica dos anélidos poliquetos e dos turbelarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de reprodución asexual característica dos esporozoos, que consiste na división do núcleo celular nun gran número de núcleos secundarios, que se rodean de protoplasma e constitúen os merozoítos. Tamén se coñece como división esquizogónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao individuo de personalidade introvertida, insociable e dado á fantasía, que ten unha vida emocional que resta máis ou menos disociada do seu contido ideacional por un desenvolvemento psíquico anormal. Pódese considerar un tipo intermedio entre o esquizotímico e o esquizofrénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Temperamento, non patolóxico, no que se dá unha preponderancia da vida interior, da que resulta unha frialdade e un desinterese aparente cara á realidade externa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á esquizotimia.

    2. Que ou quen presenta esquizotimia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de reprodución por división na que o individuo unicelular dá, por escisión simple do seu corpo en dúas partes, dous novos individuos. É un tipo de división característica dos esquizófitos.

    2. Tipo de reprodución asexual por escisiparidade na que a parte do corpo que se separa do individuo proxenitor non é sexuada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á esquizoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Guyana, cunha dirección S-N. Nace ao N da serra Acarai e desemboca despois dun percorrido de 750 km no Atlántico, preto de Georgetown.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Depósito natural que se forma nun curso de auga.

    2. Depósito artificial de auga que se constrúe con fins utilitarios, como o de regar, ou ben con fins ornamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten ou atende un estanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é estanco e non permite nin a entrada nin a saída dun fluído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico situado en Perú, pertencente á cultura nazca. Conserva unha estrutura formada por troncos de huarangos situados sobre unha plataforma de adobe que constitúen un cadrado. Componse de doce columnas de troncos formadas cada unha por vinte estacas. Crese que foi antigamente un observatorio astronómico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Fernando Casás. Profesor de escultura na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Trasladouse coa súa familia a Brasil, onde comezou a pintar en 1964 á tinta e ao oleo, e en 1969 ingresou na Escola Superior de Desenho Industrial de Rio de Janeiro (ESDI/UFRJ). A súa obra representa a tensión entre home e natureza, con preponderancia da ética sobre a estética. Fuxiu do enfoque racionalista industrial e na busca de materia prima para os seus traballos percorreu as praias de Brasil. Realizou os Proxectos Idiotas (1970) con detritos dos ríos, mareas e enterramentos de troncos, e despois traballou con materiais de refugallo, mortos, inutilizables ou reciclados, entre os que destacan Molde de Formigueiro (1968) e Ciclo do Coupin (1971). En 1977 celebrou a súa primeira mostra en Rio de Janeiro e en 1978 presentou a mostra Ciclo, Reciclo, Laberinto en Santiago de Compostela, Vigo e Barcelona. En 1982 a exposición Longa noite de pedra converteuse...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da química que estudia as relacións numéricas segundo as que reaccionan os elementos ou os compostos para formar unha nova combinación. As relacións estequiométricas veñen dadas pola lei das proporcións recíprocas ou de Richter (1792), a das proporcións definidas ou de Proust (1801), a das proporcións múltiples de Dalton (1803) e a dos volumes de combinación ou de Gay-Lussac (1808). Os fundamentos da estequiometría derivan, principalmente, das investigacións de K. F. Wenzel e J. B. Richter e dos traballos de Berzelius.

    2. Relación numérica entre as masas dos elementos que forman unha substancia e as proporcións en que se combinan os elementos ou compostos nunha reacción química.

    VER O DETALLE DO TERMO