esquizofrenia

esquizofrenia

(

s f [PAT]

Psicose que se caracteriza pola falta de equilibrio psicolóxico a causa dun trastorno no proceso de asociación. Trátase dunha disociación específica das funcións psíquicas, cunha progresiva destrución dos recordos e alteracións na relación entre intelixencia e conduta, e acompáñase a miúdo dun peche fronte ao mundo exterior, que se manifesta como unha indiferenza e un desinterese. Polo feito de que a esquizofrenia aparece durante a adolescencia, nun principio recibiu o nome impropio de demencia precoz. P. E. Bleuler asignoulle a actual denominación (que significa ‘mente escindida’) e destacou a pluralidade de formas que tiñan como característica común a perda da unidade da personalidade. A esquizofrenia evoluciona ás veces dunha maneira continuada e outras veces con bruscas interrupcións. Parece accesible á psicoterapia e pódese someter a tratamento farmacolóxico. Distínguense tres grandes tipos: as esquizofrenias hebefrénicas, con síntomas que se derivan da falta de afecto; as catatónicas, con repercusión no ámbito motor; e as paranoicas, con alucinacións e delirios.