"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Joan Josep Martí.
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Comezou en 1952 no semanario Destino, do que foi director (1958-1975). Dirixiu tamén Historia i vida, e especializouse en gastronomía e tauromaquia, sobre as que publicou De toros y toreros (1946), Historia del toreo (1967), Libro de la cocina española (1970), en colaboración con J. Perucho e El libro de la cocina española (1977). A finais da década de 1980 comezou unha prolífica etapa como novelista, que se centrou na recreación de ambientes e personaxes históricos, e da que destacan: Decidnos, quién mató al conde? (Premio Plaza i Janés, 1987), Por ver mi Estrella María (1988), La puerta de oro (Premio Encuentro de Extremadura y América, 1990) e Los espejos paralelos (1991). Recibiu a Creu de Sant Jordi e foi oficial de L’ordre des Arts et des Lettres de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e violinista. Discípulo de Carissimi, o Rei Luís XIV nomeouno director do teatro musical. Introduciu o recitativo, simple ou acompañado de instrumentos. Iniciou a forma musical coñecida co nome de obertura á francesa cara a 1660, e foi o creador da gran ópera francesa, con obras como Alceste (1674) e Armida (1686).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Giovanni Battista Lulli.
-
PERSOEIRO
Narrador, actor e director. Fundou e dirixiu o semanario Liceo Brigantino (1883-1884). Participou como director de escena na presentación do espectáculo A fonte do xuramento (1882), realizado polo Liceo Brigantino da Coruña sobre un texto de Francisco María de la Iglesia. Publicou Hojas sueltas (1885) e o poema “Queixas” (1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Crustáceo, da orde dos decápodos, semellante á lagosta, da que se diferenza polas patas anteriores, máis grandes, en forma de pinzas e ás veces desiguais. Caracterízase pola súa cor azul violácea, que se volve vermella intensa unha vez cocido. Debe mercarse vivo, pois unha vez morto a carne perde o seu sabor. É un dos produtos do mar que xa desde os tempos dos gregos gozou de gran prestixio gastronómico. Coñeceuse como lumbrigante desde o s XVI, pois ata entón chamábaselle cangrexo de mar. Consómese cocido, á prancha ou á brasa, acompañado por diferentes salsas, con arroz e, modernamente, combinado en ensaladas vexetais e salpicóns.
-
-
Cociente, dados un punto dunha superficie e unha dirección determinada, entre a intensidade luminosa emitida nesta dirección por un elemento infinitamente pequeno da superficie ao redor de dito punto e a área deste elemento proxectada ortogonalmente sobre un plano perpendicular á dirección dada. A unidade do SI de luminancia é o nit, aínda que tamén se emprega o stilb, o lambert ou o apostilb. É a magnitude fotométrica correspondente á luminosidade.
-
Magnitude relativa á luminosidade ou brillantez de cada un dos puntos da imaxe. O sinal de luminancia constitúe a única información da imaxe que se transmite nos sistemas en branco e negro, mentres que nos de televisión en cores son transmitidos, ademais, dous sinais de crominancia que corresponden á cor.
-
-
PERSOEIRO
Mestre e escritor. Director de Edicións Fervenza e membro do consello de redacción do xornal Tabeirós Terra, pulicou o libro de arte A Estrada Románica (1999), as pezas narrativas As cometas da vida (1999) e O ano das mimosas (2000) e o ensaio Onde o sol facheaba ô amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares Núñez (2000), ademais de coordinar Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego e de traducir varias obras de teatro. En poesía, escribiu A Marcial Valladares (2003), con Manuel Fragoso, e Memorias do Cairo. Recibiu o Premio Roberto Blanco Torres (1999) e o Avelina Valladares (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e dramaturgo ruso. Membro dos bolxeviques desde 1904, desempeñou o cargo de comisario do pobo para a Educación (1917-1929) e outorgoulles certa liberdade aos artistas escénicos, como Stanislavski, Meyerhold, Vakhtangov ou Tairov. Da súa produción destacan Fausto e a cidade (1919), Oliver Cromwell (1920) e Don Quixote liberado (1921), que foron duramente criticadas polo marxismo máis radical e o ensaio O teatro e a revolución (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Henan, China, situada na rexión de Centro-Sur (759.752 h [1990]). É un importante centro industrial e posúe a fábrica de tractores máis importante de China. Durante a novena dinastía foi capital do país e centro relixioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bordel.
-
-
Comida moi abundante.
-
Festa grande e con moito barullo na que se adoita comer e beber moito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘ollo’.
-
PERSOEIRO
Neurólogo e psicólogo ruso. Membro da Academia de Ciencias Pedagóxicas da antiga URSS, continuou a obra de Vigockij e estudiou as relacións entre o cerebro e as funcións superiores do home, especialmente a linguaxe. Da súa produción destacan O cerebro do home e os seus procesos psíquicos (1963), Fundamento de neuropsicoloxía (1973) e Linguaxe e consciencia (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Ánxel Fole publicada por Galaxia en 1953 e que constitúe a súa primeira achega á narrativa curta. Premiada polo Centro Galego de Bos Aires, prologada por Fernández del Riego e ilustrada por Xohán Ledo, foi pioneira na xeira da narrativa de posguerra. Falouse dun libro que achegaba historias das terras do Courel ao tempo que amosaba a fala, costumes e crenzas das súas xentes. Chamouse a atención sobre o misterio e a presenza do sobrenatural naquel feixe de contos -catorce en total- froito dun narrador de fecunda imaxinación e notable capacidade de observación que retomou a tradición do conto folclórico, de dimensión oral -o conto contado- e empregou unha lingua deturpada e imperfecta, pero de gran naturalidade e autenticidade. O escritor sitúa á fronte dos contos un limiar, “Terra do Courel”, interno á ficción que enmarca e cohesiona o conxunto de acordo coa fórmula de conto de contos, empregada, respectivamente, por G. Chaucer, G. Boccaccio e Don Juan Manuel na contística anglosaxona,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia romana que comprendía os territorios ocupados polos lusitanos e os vetóns. Abarcaba o territorio comprendido entre os ríos Douro e Guadiana, e polo L seguía unha liña que unía as actuais poboacións de Zamora e Talavera de la Reina, e despois os cursos dos ríos Pusa e Estena ata a súa desembocadura no Guadiana. Establecida en época de Augusto (27 a C) trala división da antiga provincia Hispania Ulterior, mantívose estable durante todo o Imperio e estendíase polos territorios dos lusitanos e os vetóns. Estruturábase nos conventos xurídicos Emeritense, Pacense e Escalabitano. A súa administración estaba dirixida por un senador, de rango pretorio, que ostentaba o título de legado augusto propretor. A capital foi Emerita Augusta (Mérida), fundada por continxentes militares que participaran na guerra contra os astures.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División estratigráfica do Xurásico Superior intercalada entre o Kimmeridiano e o Oxfordiano, que comprendía como subestadios o Argoviano, o Rauraciano e o Secuaniano, hoxe considerados facies do Oxfordiano e do Kimmeridiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Lusitaniano.
-
-
Palabra ou expresión portuguesa que se introduciu noutra lingua.
-
Costume característico dos portugueses.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao lusitanismo.
-
Partidario do lusitanismo.
-