lumbrigante

lumbrigante
Nome científico: [Homarus gammarus, Fam dos nefrópidos]
s m [ANIMAL]

Crustáceo, da orde dos decápodos, semellante á lagosta, da que se diferenza polas patas anteriores, máis grandes, en forma de pinzas e ás veces desiguais. Caracterízase pola súa cor azul violácea, que se volve vermella intensa unha vez cocido. Debe mercarse vivo, pois unha vez morto a carne perde o seu sabor. É un dos produtos do mar que xa desde os tempos dos gregos gozou de gran prestixio gastronómico. Coñeceuse como lumbrigante desde o s XVI, pois ata entón chamábaselle cangrexo de mar. Consómese cocido, á prancha ou á brasa, acompañado por diferentes salsas, con arroz e, modernamente, combinado en ensaladas vexetais e salpicóns.

Sinónimos

Palabras veciñas

lumbrícido -da | lumbricoide | Lumbricus | lumbrigante | lumbrigar | lume | Lume