Lume

Lume

Publicación aparecida a partir de febreiro de 1973. Non cesou antes de abril de 1978. Editouse baixo o subtítulo “Voceiro dos estudiantes Revolucionarios Galegos (ERGA)” e “Voceiro do ERGA”. De carácter clandestino, loitou pola súa legalización e tivo as reivindicacións estudiantís como tema principal. De tendencia nacionalista, vinculouse á liña da UPG, aínda que sen formar parte dela.