"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Relativo ou pertencente ao Maastrichtiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso beneditino e historiador francés. Foi o fundador da ciencia diplomática moderna (De re diplomatica, 1681) e do ideal do monxe investigador (Traité des études monastiques). Como historiador da orde de san Bieito escribiu Annales Ordinis Sancti Benedicti e Acta Sanctorum Ordinis Sancti Benedicti (1688-1701). Foi liturxista e, ademais, editor de textos antigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un activo defensor da independencia de Irlanda, e en 1946 fundou o Republican Party. Foi ministro de Asuntos Exteriores en Irlanda (1948-1951) e desde 1950 ocupou altos cargos internacionais no Consello de Europa, na Organización das Nacións Unidas (ONU) e na UNESCO. Cofundou Amnistía Internacional, organización que presidiu (1961-1974). En 1974 concedéuselle, compartido con Eisaku Sato, o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Dirixiu a Royal Academy of Music de Londres e a orquestra do Covent Garden. Compuxo óperas (Don Quixote, 1846), sinfonías, oberturas, oratorios, cantatas e música coral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbert Marshall McLuhan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista. De nome Pierre Dumarchais, dedicouse, nun principio, á pintura e ás narracións humorísticas, e ao rematar a Primeira Guerra Mundial, especializouse na novela de aventuras, das que destacan Le chant de l’equipage (1918) e Le quai des brumes (1927). Algunhas das súas obras foron temas de filmes, como La Bandera (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arma ofensiva en forma de porra ou machete, co mango feito de madeira dura e o gume de pedernal, que usaban os indios americanos.

    2. Acción ou dito disparatado e sen tino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na divisoria de augas das concas dos ríos Tordera e Onyar-Ter (4.010 h [2001]). A gandería ten unha importante tradición no municipio, e destaca a produción de madeira e de corcho e a extracción de granito. Posúe industria téxtil, metalúrxica, química, alimentaria e de materiais de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anacoreta. Coñecido como o Grande, viviu no deserto de Scete onde se encargaba da asistencia espiritual doutros anacoretas. A súa festividade celébrase o 15 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Antioquía. Atribúenselle longas viaxes e peregrinacións a diferentes puntos de Europa. A súa festividade celébrase o 10 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División de Gambia (2.901 km2; 156.021 h [1993]). A súa capital é Georgetown (3.000 h [1983]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario italiano. Iniciou a súa andaina publicando artigos sobre Baudelaire e outros autores franceses e italianos, recollidos en parte nos volumes Il cortegiano francese (1943) e Studi (1947). Outras obras destacadas son Il paradiso della ragione (1960), La scuola dei sentimenti (1963), Vita, avventure e morte di Don Giovanni (1966), La caduta della luna (1973), sobre Pirandello, L’angelo della notte (1979), sobre Proust e Le rovini de Parigi (1985). En 1990 publicou Elogio della luce, un ensaio sobre literatura e pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francis Leopold McClintock.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Naturalizado estadounidense, especializouse no campo dos polímeros condutores. É autor de numerosos artigos de investigación e ten concedidas varias patentes. En 2001 foille otorgada a medalla Rutherford e en 2000 recibiu, xunto con Hideki Shirakawa e Alan Heeger, o Premio Nobel de Química polo descubrimento e desenvolvemento dos polímeros condutores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso de Australia Central. Esténdese uns 300 km en dirección L-O. O seu cumio máis elevado é o Mount Ziel, que acada os 1.520 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi socio fundador e secretario do Instituto Histórico e Geográfico Brasileiro desde 1845. De tendencia romántica, a súa obra A moreninha (1884) é a primeira manifestación destacada da novelística brasileira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos macedonianos.

    2. Individuo do grupo macedoniano.

    3. Grupo de herexes coñecidos tamén como pneumatómacos, que se desenvolveu durante o s IV. Seguidores do patriarca de Constantinopla, Macedonio, negaban a divindade do Espírito Santo e considerábano inferior ao Pai e ao Fillo, cunha natureza similar á dos anxos. Foron condenados polo Concilio de Constantinopla (381).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Fundou a revista Literatorul (1880), baixo a influencia das correntes simbolistas francesas, e considerouse o precursor do simbolismo romanés. Escribiu Poezii (1882), unha serie de once Nopti (a partir de 1882), Excelsior (1895), Flori sacre (1912) e Poema rondelurilor (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ángulo formado pola onda de Mach e a dirección do movemento. A cosecante do ángulo de Mach é igual ao número de Mach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Folclorista e escritor. Coñecido como Demófilo, dedicouse ao estudo do folclore, e colaborou e fundou diversas publicacións periódicas, como La Revista de Filosofía y Ciencias, La Enciclopedia e Ilustración Española. Da súa produción destacan De la poesía popular gallega (1880), Analogía y semejanza entre algunas adivinanzas gallegas y castellanas (1881) e Analogía entre algunas cántigas gallegas y otras coplas andaluzas, castellanas y catalanas (1885). Ademais, foi o creador da Biblioteca de las tradiciones populares españolas (1882-1886).

    VER O DETALLE DO TERMO