Mac Bride, Séan

Mac Bride, Séan

Político. Foi un activo defensor da independencia de Irlanda, e en 1946 fundou o Republican Party. Foi ministro de Asuntos Exteriores en Irlanda (1948-1951) e desde 1950 ocupou altos cargos internacionais no Consello de Europa, na Organización das Nacións Unidas (ONU) e na UNESCO. Cofundou Amnistía Internacional, organización que presidiu (1961-1974). En 1974 concedéuselle, compartido con Eisaku Sato, o Premio Nobel da Paz.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso

    Lugar : Dublín