"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Amigo íntimo de Rubén Darío, pertenceu á Xeración do 98. A súa obra constitúe a versión lírica dos temas, da actitude espiritual e da consciencia dos homes que formaron a súa xeración. Estudiou na Institución Libre de Enseñanza, doutorouse en Letras en Madrid e foi catedrático de instituto de Francés. Republicano, exiliouse en xaneiro de 1939. Recibiu a influencia do modernismo hispanoamericano e adscribiuse a unha poesía falta de retórica, e de concepción máis intituitiva ca intelectual. Sistematizou a súa teoría poética cos seus alter ego Juan de Mairena, Abel Martín e outros personaxes apócrifos, identificados con poetas, preceptistas e filósofos. O seu espírito sobrio e austero axiña se identificou coa natureza castelá. Da súa produción destacan Soledades (1903), poemas de carácter modernista, nos que sobresae a emoción do momento e o sentido oculto do que lle rodea, e Campos de Castilla (1912), onde a consideración poética da paisaxe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Formado na Institución Libre de Enseñanza, na súa estadía en París asimilou elementos simbolistas. As súas primeiras composicións reflectiron o seu interese polo modernismo, abandonado posteriormente, e recuperado en Phoenix (1936). Utilizou unha linguaxe coloquial con raíces no modernismo e no folclore. Destacan as súas obras Alma (1900), de carácter modernista, e Alma, museo y cantares (1907), onde presenta aspectos máis persoais, de ruptura co modernismo e co simbolismo. Sobresaen tamén El mal poema (1909), Cante hondo (1912) e Sevilla y otros poemas (1920). Escribiu obras de teatro co seu irmán, das que sobresaen La Lola se va a los Puertos (1929) e La duquesa de Benamejí (1930). Presenta tamén dúas composicións de temática galega “Evocación“ e “Sinfonía gallega”. Foi membro da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presentou a súa candidatura en Solidaritat Catalana, o que lle fixo renunciar á súa carreira militar. Colaborou no semanario Renaixement da Unió Catalanista, desde onde impulsou posicións revolucionarias, e como agrupación política radical, formou a Federació Democràtica Nacionalista (1919), pero ao non ser aceptada a proposta de crear un Estado Catalán, disolveuna para crear un novo grupo radical, o Estat Català. Exiliouse despois do golpe de estado de Primo de Rivera (1923-1931). Á volta constituíu Esquerra Republicana de Catalunya, partido que presidiu e co que venceu nas eleccións municipais de 1931. Neste mesmo ano incluíu ao Estat Català na Federación de Repúblicas Ibéricas, aceptou a reconversión do goberno de Catalunya na Generalitat de Catalunya, da que foi presidente ata a súa morte, e participou na elaboración o Estatuto de Autonomía de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico.   Publicou diversos artigos en revistas nacionais e internacionais e o libro de xénero didáctico Química General. Programa, cuestiones y prácticas de laboratorio en química general.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político guineano. Funcionario colonial desde 1944, foi vicepresidente do goberno autónomo (1964-1968) e presidente da República (1968-1979). En 1972 proclamouse presidente vitalicio pero foi derrocado polo seu sobriño, o coronel Teodoro Obiang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Regatista. Participou en probas da clase 470 e Láser, e competiu nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) e nos de Sydney (2000), onde navegou na clase Mistral. Conseguiu a medalla de bronce   no Campionato de Europa (1999) e a segunda praza na Semana de Hyères.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Juan de Juanes, formouse no taller do seu pai Vicent Macip. Reaccionou contra os efectos da perspectiva arquitectónica propios de comezos do s XVI, mentres que na paisaxe continuou coa práctica da tradición clasicista. Creou temas relixiosos como o Xesús Cristo eucarístico, a Virxe do Leite, a Sagrada Familia e a Inmaculada Concepción. Foi o autor do retablo da igrexa de Sant Nicolau en València e as táboas de Sant Eloi, a Inmaculada, a Santa Cena (1550) e o ciclo da vida e martirio de Sant Esteve (1565).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Formou parte da xeración de 1950. Dirixiu, entre outros filmes, The Man in the White Suit (1951), Mandy (1952), Sweet Smell of Sucess (1957) e Don’t Make Waves (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador escocés. En 1789 descubriu o río que leva o seu nome, desde onde chegou ata o Océano Ártico. Nunha expedición a través das Montañas Rochosas (1792-1793) chegou ata o litoral do Océano Pacífico. Publicou Voyages from Montreal at the River St Lawrence through the Continent of North America to the Frozen and Pacific Oceans (1801).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz estadounidense. Coñecida como Shirley MacLaine, foi cantante e bailarina, e a súa grande expresividade permitiulle interpretar tanto comedias coma dramas. Da súa filmografía destacan Ask Any Girl (Silbenen Bär en Berlín, 1959), The Apartament (Premio en Venecia, 1960), Irma, la Douce (1963), Desperate Characters (Silbenen Bär en Berlín, 1971), The Turning Point (1977), Terms of Endearment (1983, Oscar á mellor actriz, 1984), Madame Sousatzka (Premio en Venecia, 1988), Steel Magnolias (1989), Bruno (2000) e Carolina (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de editores ingleses fundada por Daniel Macmillan (1813-1857). Asociado co seu irmán Alexander Macmillan (1818-1896), adquiriron diversas librerías e conseguiron extraordinarios éxitos con obras de Ch. Kingsley, A. Huxley, L. Carrol e Th. Hugues, entre outros. Converteuse, como sociedade limitada (1893), nunha das editoriais máis importantes do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edwin Mattison McMillan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e editor. Director da editorial Macmillan, foi ministro plenipotenciario no N de África. Deputado conservador (1924), foi nomeado ministro de Defensa (1954), de Asuntos Exteriores (1955), chanceler do exchequer (1955-1957) e primeiro ministro (1957). O caso Profumo obrigouno a dimitir (1963). Publicou unha autobiografía (1966-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Usurpador do Imperio Romano (260-261). Obtivo a dignidade imperial pola revolta organizada en Samosata polo seu pai Marco Fulvio Macriano. Foi derrotado polo Emperador Galieno en Iliria, onde morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da química analítica en que as determinacións analíticas necesitan unha mostra da orde do gramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de forma vital dos fanerófitos que presenta os gromos persistentes situados a máis de 2 m de altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gametanxio que produce macrogametos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Granito que presenta unha estrutura granular grosa, de gran superior aos 5 mm de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de organismos planctónicos que teñen entre 20 e 200 mm de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO