"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso levado a cabo polo enzima pectinasa, no que as pectinas se hidrolizan nos seus monómeros, ácido galacturónico e derivados. Aplícase principalmente a viños e zumes de froitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de despenalizar.
-
-
Eliminar o contorno dun obxecto debuxado ou pintado, de xeito que o seu perfil quede redondeado e suavizado.
-
Acción de desperdiciar.
-
Resto de algo que non se aproveita porque xa non serve, non se quere utilizar ou sobra. OBS: Úsase sobre todo en plural.
-
-
-
Acción de desperdiciar.
-
Resto de algo que non se aproveita porque xa non serve, non se quere utilizar ou sobra. OBS: Úsase sobre todo en plural.
-
-
-
Acción e efecto de despersonalizar ou despesonalizarse.
-
Sentimento patolóxico de estrañeza ante o mundo exterior e a propia personalidade, unidos como realidades modificadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de despigmentar.
-
-
Supresión ou evitación da polarización de pilas ou baterías, mediante a eliminación dos produtos que se acumulan nos electrodos, basicamente o hidróxeno que diminúe e pode anular o paso da corrente eléctrica.
-
Redución na diferenza de potencial que existe a través da membrana celular das células electricamente excitables, como as neuronas e as células musculares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descomposición dun polímero nas unidades monoméricas que o integran, mediante a acción da calor, da radiación ultravioleta, do osíxeno ou doutro axente externo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de despolitizar ou despolitizarse.
-
-
Estado de despreocupado.
-
Falta de coidado ou de atención.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de despresurizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de prevención.
-
-
Falta de proporción ou equilibrio entre as partes dunha cousa ou entre dúas ou máis cousas.
-
Reacción de autooxidación-redución pola que unha substancia osixenada dá lugar a outras dúas, unha máis rica en osíxeno cá outra.
-
-
-
de desproporcionar.
-
Que non garda a debida proporción.
-
Que supera ou excede o que cabería esperar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar ou alterar a proporción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de protección.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desratizar.
-
-
Carencia de regulamentación.
-
Supresión sistemática de normas legais que impiden a liberdade de operacións e de condicións das entidades de crédito. Nun sistema desregulamentado, a supervisión permite o mantemento da solvencia institucional do sistema e a protección dos dereitos do consumidor. A desregulamentación aféctalles aos ámbitos estatal (prezos, privatización, normas) e internacional (comercio, capitais).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso político que se seguiu nos estados socialistas desde o informe de Khruščov, no vixésimo congreso do Partido Comunista da URSS (1956). Caracterizouse pola depuración dos dirixentes que colaboraron con Stalin nos últimos anos, como Molotov ou Berija, pola rehabilitación dos antigos dirixentes, como Gomulka, e por unha certa liberalización na economía, no comercio e nas relacións internacionais.
-
-
Acción de destilar.
-
-
Proceso de separación dos compoñentes dunha mestura líquida por vaporización parcial da mesma; a fracción vaporizada condénsase e recupérase como líquido. Este proceso baséase na diferente presión de vapor e, polo tanto, dos puntos de ebulición dos compoñentes da mestura. A mestura quéntase nun alambique ou matraz de destilación ata a temperatura de ebulición dos compoñentes máis volátiles; estes sepáranse do resto da mestura e pasan a través dun refrixerante no que se condensan logo de arrefriaren, mentres que no matraz quedan os compoñentes menos volátiles.
-
destilación azeotrópica
rectificación azeotrópica.
-
destilación de vapor
Destilación de líquidos inmiscibles en auga. Fundaméntase no feito de que a presión de vapor dunha mestura de dous líquidos inmiscibles é igual á suma das presións de vapor dos constituíntes. Se a substancia ten presión de vapor apreciable cara aos 100°C en presenza de auga, a ebulición prodúcese a menos de 100°C e a substancia destílase, asemade, coa auga. Este procedemento emprégase moito na extracción de aceites esenciais.
-
destilación destructiva/seca
Destilación que consiste na descomposición térmica de substancias orgánicas complexas en ausencia de aire para rompelas. Xera unha mestura de produtos volátiles que se condensan e, posteriormente, se recollen. Emprégase na separación de substancias sólidas, como a madeira e o carbón.
-
destilación fraccionada
Destilación na que o vapor producido se condensa en diversas fraccións correspondentes a intervalos determinados de temperatura. Efectúase ao interpoñer entre o caldeiro e o condensador do alambique unha columna de fraccionamento ou de rectificación, e poñer por riba un deflegmador que condensa unha parte dos vapores e retorna o líquido á columna. Este líquido flúe polo caldeiro e, durante o descenso pola columna, vai enriquecéndose cos compoñentes volátiles e cede ao vapor que empurra os compoñentes máis volátiles. Cando se establece un equilibrio, a composición dos vapores que van ao condensador é a que se tería obtido cun gran número de destilacións simples sucesivas.
-
destilación molecular
Destilación en alto baleiro coa superficie condensadora tan preto da superficie do líquido en evaporación que as moléculas do líquido se trasladan á superficie condensadora sen colisións. Nesta técnica empréganse temperaturas máis baixas ca na destilación a presión atmosférica, polo que permite a destilación de substancias sensibles á calor. A oxidación do destilado elimínase ao non existir osíxeno.
-
destilación ó baleiro
Destilación dunha mestura líquida a presión reducida, inferior á atmosférica. Canto máis baixa sexa a presión, menor será a temperatura de destilación da substancia; isto diminúe o risco de degradación das substancias termolábiles presentes na mestura. Emprégase, fundamentalmente, cando se pretenden separar mesturas sensibles á calor ou de alto punto de ebulición. Os químicos Emil Fischer e Carl Harries foron os seus inventores.
-
destilación simple
Destilación en que se vaporiza parcialmente a mestura, se condensan os vapores e se recolle o destilado separadamente do residuo. Emprégase cando interesa unha separación parcial da mestura, ou ben cando a diferenza de volatilidade entre os constituíntes é moi grande, coma no caso de separación dun solvente volátil dun soluto non volátil.
-
-
...
-