desperdicio

desperdicio

(< desperdiciar)

  1. Acción de desperdiciar.

  2. Resto de algo que non se aproveita porque xa non serve, non se quere utilizar ou sobra. OBS: Úsase sobre todo en plural.

    Ex: Gárdame os desperdicios do peixe para levarllos ó gato. Os desperdicios das pezas de goma xúntanos nese recuncho.

    Sinónimos: desproveito.

Frases feitas

  • Non ter desperdicio. 1 Ser unha cousa totalmente aproveitable. Ex: O teu traballo de clase non ten desperdicio, váleme toda a información.

  • 2 Ponderar as calidades de algo ou alguén positiva ou negativamente. Ex: A revista que estou lendo non ten desperdicio ningún.