desproveito

desproveito

(< des- + proveito)

  1. s m

    Carencia de utilidade ou proveito.

    Ex: O seu traballo é un desproveito porque lle falta rigorosidade.

    Sinónimos: desaproveitamento, desperdicio, desperdicio.
  2. s m

    Resto de algo que non se aproveita porque xa non serve, non se quere utilizar ou sobra.

    Ex: Botoulles os desproveitos da comida ás galiñas. Esta máquina de escribir é un desproveito porque xa non se pode arranxar.

    Sinónimos: desperdicio, detrito, reboutallo, refugallo, desperdicio.