"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo francés. Destacou como escritor de farsas, comedias, bufonadas e pezas propias do teatro de vaudeville, xénero no que mostrou unha considerable habilidade para construír tramas e situacións nas que os personaxes sempre semellan estar no lugar inapropiado no momento menos axeitado, e que en moitas ocasións están relacionadas coas aventuras amorosas da burguesía acomodada. Entre os textos máis coñecidos destacan Tailleur pour Dames (Xastre para señoras, 1886), Le Dindon (1896), La Puce à l’oreille (Unha pulga na orella, 1907) ou Occupe-toi d’Amélie (Ocúpate de Amelia, 1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico alemán. Foi profesor de anatomía patolóxica na Universidade de Copenhaguen. En 1926 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polas súas investigacións sobre o cancro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Lot, situada na rexión de Midi-Pyrénées, Francia (9.500 h [estim 2001]). Ten as súas orixes na fundación da abadía de Saint-Sauveur (s XI), ao redor da que se desenvolveu a vila. A importancia do patrimonio arquitectónico do centro histórico da vila fixo que en 1990 o goberno francés a incluíse dentro das Villes et Pays d’Art et d’Histoire.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. Accedeu ás Cortes en 1854 como membro do Partido Progresista. No Sexenio Revolucionario, foi nomeado ministro de Facenda (1868-1870), desde onde levou a cabo reformas modernizadoras. Polo Decreto Figuerola (19.10.1868), quedou configurado o primeiro sistema monetario español, baseado nunha unidade fiduciaria denominada peseta. Con respecto ao comercio exterior, suprimiu o dereito diferencial de bandeira, co que igualaba a fiscalidade que afectaba aos barcos nos portos españois, e tivo gran repercusión a súa reforma arancelaria de 1869, de tendencia librecambista. Finalmente, cómpre destacar o seu labor no campo da educación, ao fundar en 1846 a Escola Normal de Barcelona, e publicar diversas obras que contribuíron á normalización e unificación do ensino en España, entre as que destaca Elementos de gramática castellana. Foi presidente da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas desde 1898.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cortar algo en filetes.
-
Decorar con filetes.
-
Facer a rosca dun parafuso.
-
-
PERSOEIRO
Duque de Orleans, de Chartres, de Valois, de Nemours e de Montpensier. Rexente de Francia durante a minoría de idade de Luís XV (1715-1723), durante o seu goberno puxo en práctica unha serie de medidas financeiras que levaron á facenda gala a unha grave crise, que acabou provocando a súa caída.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos órganos respiratorios dos arácnidos, constituídos por unha cavidade ventral do abdome no que existen unha láminas polas que circula a hemolinfa e nas que se realiza o intercambio gasoso.
-
PERSOEIRO
Pintor grego. Atribúeselle a Batalla de Alexandre e Darío, que serviu de modelo para o mosaico do s III a C localizado en Pompeia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro creado en Lugo no colexio Fingoi por Ricardo Carballo Calero e que entre 1950 e 1965 constituíu unha das primeiras experiencias de teatro escolar en galego nos anos que seguiron á posguerra, aínda que tamén se presentaban espectáculos en castelán, con textos de Lope de Rueda ou Lope de Vega. Amais de diversos textos da autoría do seu director, como a Farsa das zocas (1963), o colectivo estreou espectáculos creados con textos de Castelao, Rosalía de Castro, Plauto, Seami Motokiyo ou Ramón Cabanillas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andrea di Bonaiuto.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Fisterra na aba do monte de San Guillerme. Construída a finais do s XII ou principios do s XIII en estilo románico, orixinariamente tiña unha soa nave e unha capela maior de planta rectangular. A nave está dividida en catro tramos por tres arcos apuntados; a cuberta é de madeira. Posteriormente, abriuse unha porta lateral no terceiro tramo e engadíronse as capelas: a finais do s XIV construíronse a capela maior e a de Santa Lucía, cubertas con bóveda de crucería; a do Rosario de estilo plateresco; as de san Miguel e as Angustias no primeiro tramo; e a do Santo Cristo, de finais do s XVII ou principios do s XVIII e na que se venera a imaxe do Cristo da Barba Dourada, cun tramo cuadrangular, formado por cruz grega con cúpula con lanterna, e un segundo tramo rectangular que comunica coa nave, cun arco decorado cunha tripla moldura cóncava, e co exterior por unha porta arquitrabada. Construíuse tamén unha sancristía á beira do altar maior e unha torre cuadrangular aos pés...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mucilaxe que envolve o talo de moitas algas.
-
PERSOEIRO
Físico. En 1842 conseguiu imaxes impresas a partir de daguerrotipos. Traballou con J. B. C. Foucault no campo da óptica e fixo a primeira medición da velocidade da luz no aire. Probou que o efecto Doppler se pode utilizar para medir a velocidade radial das estrelas. Estudiou tamén a dilatación dos cristais e a polarización da luz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jean-Hervieuse de Basan de Flamenville.
-
-
de flanquear.
-
-
Aplícase ao escudo dividido por dúas liñas verticais que delimitan, xunto cos costados respectivos, dúas partes laterais (flancos) dun ancho dunha quinta parte do escudo.
-
flanqueado angulado
Aplícase ao escudo flanqueado con liñas de división formando cada unha un ángulo obtuso, e no que os vértices destes ángulos distan entre eles un terzo do ancho total do escudo.
-
flanqueado curvado
Aplícase ao escudo no que as liñas de división son curvas e a distancia mínima entre elas é dun terzo do ancho total do escudo.
-
-
-
-
Estar situado algúen ou algo aos lados ou flancos.
-
Ir algo ou alguén ao longo do flanco, en paralelo a el.
-
Protexer ou atacar os flancos dunha unidade en marcha ou os accesos á zona da marcha con destacamentos.
-
-
-
Simular alguén unha inclinación amorosa por coquetería ou como simple pasatempo.
-
Ter unha relación pasaxeira e superficial con alguén ou unha inclinación amorosa durante pouco tempo.
-
-
-
de florear.
-
Que ten debuxos de flores.
-
Aplícase ao estilo ou á lingua con moitas figuras retóricas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oitavo mes do calendario republicano francés (1792-1805) que corresponde co intervalo que vai do 20 de abril ao 20 de maio.
-
-
Adornar unha cousa con flores pintadas, esculpidas ou bordadas.
-
Obter, por medio da peneira, a fariña primeira e máis sutil.
-
Adornar a linguaxe con figuras literarias.
-
Adornar unha melodía con notas suplementarias.
-
Facer vibrar a punta da espada ou doutra arma, especialmente en esgrima.
-
Botar flores unha planta.
-
Facer soar dúas ou tres cordas da guitarra con tres dedos de xeito continuo, repetindo unha figura musical.
-