"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Henry Vincent Yorke.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Na súa obra mostra con crueza as sociedades burguesas francesas e norteamericanas. Da súa produción destacan Adrienne Mesurat (1927), Léviathan (1929), Sud (1953), L’ennemi (1954), L’ombre (1956), L’autre (1971), Le mauvais lieu (1978), Les pays lointains (1987), Les étoiles du Sud (1989) e Dixie (1995). Membro da Académie Française (1971), renunciou a este posto para conservar a nacionalidade norteamericana (1996). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Prince Pierre de Monaco (1951), o Grand Prix National des Lettres (1966), o Grand Prix de Littérature de l’Académie Française (1970) e o Prix Cavour (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Teorema segundo o que, baixo condicións bastante xerais, se f e g son dúas funcións que se definen nun recinto do espazo V é unha rexión interior a este recinto que se limita por unha superficie S, cúmprese:

    FORMULA

    Onde 62= -2/-x2+ -2/-y2+ -2/-z2é o laplaciano, -/- n é a derivada direccional segundo a normal á superficie que se dirixe cara a fóra, é dicir, -f/- n = 6f· n .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo británico. Profesor de filosofía no Balliol College de Oxford (1860-1882), foi o introdutor do idealismo alemán de I. Kant e G. W. F. Hegel no Reino Unido. Destacou tamén polas súas teorías políticas liberais nas que xustificaba a existencia dun mínimo estado na medida en que maximice a liberdade do individuo. Das súas obras destacan Prolegomena to Ethics (1883) e Lectures on the Principles of Political Obligation (1885-1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula de interconversión dunha integral dobre e dunha integral curvilínea. Tamén recibe o nome de fórmula de Green.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e ilustradora. Cultivou a acuarela e especializouse nos libros para nenos, entre outros, Under the Window (1879). Entre os seus toy-books (libros-xogos) destaca A Day in a Child’s Life (1885). Realizou tamén Almanacs, que acadaron unha gran sona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Estudiou belas artes na Walthamstow School of Art. Sen deixar a pintura comezou a realizar distintas curtametraxes, entre as que destacan Train (1966), Tree (1966), Intervals (1969), Erosion (1971) e Windows (1975). Gracias ao British Film Institute fixo a súa primeira longametraxe The Falls (1980), á que seguiron outros títulos como The Draughtsman’s Contract (1982), Drowning by Numbers (1988), The Cook, the Thief, His Wife and Her Lover (1989), Prospero’s Books (1991), The Pillow Book (1995) e The Moab Story (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e lingüista. Doutorouse en Antropoloxía (1940) na Northwestern University (Evanston, Illinois). Foi profesor na University of Minnesota e, en 1962, trasladouse á Stanford University, onde permaneceu ata o seu retiro (1985). Ademais de estudar os universais, investigou as distintas familias lingüísticas. Na súa obra The Languages of Africa (1963) -publicara unha primeira versión co título Classification of African Languages (1955)-, clasificou todas as linguas de África en catro familias: níxer-congo, nilosahariana, afroasiática e khoisan. Tamén estudiou a clasificación xenética das linguas de Nova Guinea e de América do Sur. Para a primeira distinguiu dúas familias: a austronesia e a indopacífica; e para a segunda concluíu que existía unha estreita relación entre as linguas de América do Sur e as de América do Norte, e que as linguas indíxenas de América pertencían a tres familias: esquimó-aleutiana, na-dené e amerindia. A partir da década de 1990 investigou as linguas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e xornalista inglés. Colaborador de revistas como The Times, The Spectator, Le London, Mercury, Fornightly Review, Saturday Westminster ou Oxford Outlook, traballou para o ministerio de Asuntos Exteriores británico en África occidental. Da súa produción destacan Stamboul Train (1932), England Made Me (1935), Gun for Sale (1936), Brighton Rock (1938), The Power and the Glory (1940), The Heart of the Matter (1948), The Third Man (1950), The Quiet American (1955), The Comedians (1966), The Honorary Consul (1973), The Human Factor (1978), Doctor Fisher of Geneve (1980), Ways of Escape (1981), J’accuse (1982), Monsignor Quixot (1982), The Captain and his Enemy (1988) e The Last Words and other Stories (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Comezou con catorce anos a facer fotografías. Foi asistente de Maurice Baumann, Eliot Elisofon e de Louise Dahl-Wolfe. Abriu o seu propio estudo en 1941 e especializouse nos retratos de famosos como Marlene Dietrich, Cary Grant e Elizabeth Taylor. A través das súas colaboracións na revista Look, en 1953 entrou en contacto con Marilyn Monroe, coa que creou a empresa Marilyn Monroe Produtions. Ademais de colaborar nas publicacións Harper’s Bazaar e Vogue, participou nos filmes Bus Stop e O príncipe e a bailarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor británico. Membro do grupo University Wits, que fundamentou o drama isabelino, foi precursor de Shakespeare. Da súa produción destacan Alphonsus King of Aragon (1587), Pandosto (1588) e The Scottish Historie of James the Fourth (1591), baseada nos Hecatommiti de Giraldi Cinzio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico. Doutorouse na Universidade Johns Hopkins de Baltimore (1953). Foi director do departamento de bioquímica dos Laboratorios de Investigación Geigy (Nova York), profesor no Colexio Albert Einstein (Nova York), da Escola universitaria de medicina de Yale (Connecticut) e da Universidade de Rockefeller (Nova York), na que dirixe o Laboratorio de Neurociencia Celular e Molecular. Realizou numerosos estudios sobre a función e a distribución no cerebro dos receptores da dopamina, e foi o primeiro en identificalos. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (2000), xunto con Eric Kandel e Arvid Carlsson, polos seus estudios sobre a transmisión de sinais no sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto do condado de Strathclyde, Escocia (57.324 h [1981]). Está situada na ribeira dereita do Firth of Clyde, ao NO de Glasgow. Coa actividade portuaria desenvolveuse unha industria importante: construcións navais, maquinaria e industria téxtil de la. Convertida nun importante porto pesqueiro no s XVII, do seu patrimonio cultural destacan o edificio do Custom House e a praza Cathcart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de cadmio, de fórmula CdS. Cristaliza no sistema hexagonal. Ten unha cor amarela ou alaranxada, unha dureza de 3-3,5 e un peso específico de 4,9. Preséntase en codias terrosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e teórico da arte estadounidense. Discípulo de Thorvaldsen en Italia, foi autor do colosal Washington Capitolino (1832-1841). Os seus escritos, recompilados en Form and Function (1958), son un precedente do funcionalismo arquitectónico. O seu irmán Richard Saltonstall Greenough realizou a estatua de Benjamin Franklin da casa do concello de Boston.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización non gobernamental internacional dedicada á protección do medio e á difusión dos valores ecoloxistas e pacifistas. O órgano supremo da organización, presente en 40 países de Europa, América, Asia e Oceanía, é o Consello Internacional, con sede en Amsterdam. As súas principais liñas de acción céntranse na loita contra o cambio climático, a caza de baleas, a proliferación da enerxía nuclear (tanto na vertente militar como na civil), a enxeñería xenética e o emprego de elementos tóxicos na industria, así como na protección dos bosques e dos océanos e no apoio ás iniciativas de comercio xusto e desenvolvemento sostible. Para a realización das súas actividades, financiadas polas achegas dos seus socios e simpatizantes e os ingresos xerados pola venda directa de material elaborado pola organización, conta cunha estrutura profesional e unha pequena flota de barcos que serven de base ás súas campañas. Greenpeace xurdiu en 1971, cando un grupo de 12 activistas, tripulantes do buque Phyllis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Carolina do Norte, EE UU, situada na vertente oriental dos Blue Ridge, Apalaches (183.520 h [1990]). A actividade principal son as compañías aseguradoras. Ten industria téxtil, de fabricación de produtos de aceiro, de mobles e de cerámicas. É un nó de comunicación de ferrocarril e de estradas, e ten aeroporto internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, situada na área metropolitana de Londres, na beira dereita do Támesis, ata 1986 era un dos 32 distritos do Gran Londres, establecido en 1965 pola unión dos anteriores distritos de Greenwich e Woolwich (200.800 h [estim 1991]). No parque de Greenwich instalouse o antigo observatorio desde o que se fixou (1884) a posición do meridiano inicial, o National Maritime Museum e o Royal Naval College. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o palacio de Placentia (ss XV-XVII), o castelo de Vanburgh, a Queen’s House e o Old Royal Naval College.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio residencial de Manhattan, Nova York. Vila independente durante o período colonial, a comezos do s XX converteuse no centro da vida artística norteamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico fundado por Carlos II en Greenwich, no ano 1675, coa finalidade de proporcionar datos, imprescindibles para os navegantes de entón, para determinar a posición. No 1884 estableceu de forma arbitraria o meridiano de lonxitude 0°. No ano 1948, debido a que a contaminación atmosférica e a iluminación nocturna de Londres dificultaban as observacións, trasladouse ao castelo de Herstmonceux, próximo a Eastbourne (Sussex). Depende da University of Cambridge. Utilizou o grupo de telescopios Isaac Newton do observatorio do Roque de los Muchachos en Canarias, grazas a un acordo internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO