Green, Thomas Hill
Green, Thomas Hill
Filósofo británico. Profesor de filosofía no Balliol College de Oxford (1860-1882), foi o introdutor do idealismo alemán de I. Kant e G. W. F. Hegel no Reino Unido. Destacou tamén polas súas teorías políticas liberais nas que xustificaba a existencia dun mínimo estado na medida en que maximice a liberdade do individuo. Das súas obras destacan Prolegomena to Ethics (1883) e Lectures on the Principles of Political Obligation (1885-1888).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Birkin -
Deceso
Lugar : Oxford