"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Pacifista belga. Dominicano, creou a Aide aux Personnes Déplacées (1949) e fundou o Mahatma Gandhi International Peace Centre, transformado na Universidade da Paz (1960) en Tihangelez-Huy (Bélxica). Escribiu Bâtir la paix (1966). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1958) e o Premio Sonning de Dinamarca (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do nomós de Élide, Grecia Occidental (21.958 h [1981]). Situada a pouca distancia da costa setentrional do golfo de Arcadia, é un centro comercial e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río situado en Castela e León, afluente pola dereita do Duero. Nace na serra de Peña Labra, na vertente S da cordilleira Cantábrica e percorre de N a S as provincias de Palencia e Valladolid, para desembocar nesta última tras un percorrido de 325 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director e actor ruso. Fundou un teatro de vangarda en Peterburgo. Triunfou, sobre todo, como director en Francia pola súa ousadía na presentación dun repertorio selecto clásico e moderno, especialmente a partir de obras de L. Pirandello, Čekhov, Shaw e O’Neill. Formou parte do Grupo dos Catro, integrado por Louis Jouvet, Charles Dullin e Gaston Baty. A súa muller, Ludmille Pitoëff (Novorossijsk 25.12.1899 - Rueil-Malmaison, Hauts-de-Seine 15.9.1951), foi unha destacada actriz que se especializou na representación de obras de A. Dumas, H. Ibsen e, sobre todo, de teatro relixioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e diplomático mexicano. Defensor e promotor do patrimonio cultural mexicano no exterior, nas súas obras dota aos personaxes de trazos autobigraficos e aparecen de forma constante a desgraza, a enfermidade e o illamento dos individuos. Como narrador especializouse no xénero dos contos, que recolleu nas coleccións Tiempo cercado (1959), Infierno de todos (1965) e Los climas (1966). Tamén publicou as novelas El tañido de una flauta (1972), La vida conyugal (1991) e El arte de la fuga (1996). Recibiu o Premio Juan Rulfo de Literatura Hispanoamericana (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade no estado de Pennsylvania, EE UU (334.563 h [2000]). Está situada ao O do estado, onde os ríos Monogahela e Allegheny conflúen para formar o Ohio e constituír o denominado Golden Triangle, núcleo da cidade e centro de negocios. É o principal centro da industria siderúrxica de EE UU e do mundo, sede da United States Steel Corporation. A industria esténdese polos vales dos ríos, que teñen un importante tráfico fluvial. Fundada a mediados do s XVIII como un punto clave para a exploración e colonización do val de Ohio, os franceses construíron Fort Duquesne (1754), substituído polos ingleses (1758) por Fort Pitt ou Pittsburgh. Cara a 1840 iniciou unha forte expansión industrial grazas ás minas próximas de ferro e carbón e á inmigración europea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Plan de reforma educativa, tamén coñecido como Plan Rexeneracionista, elaborado polo ministro de Instrución Pública Francisco Bergamín en 1914. Entre outras modificacións, incluía a retirada das escolas do ensino de relixión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma creada en 1976 e controlada pola Federación Gallega do PSOE, en que se integraron as forzas da esquerda non nacionalistas de Galicia. Versión galega da Plataforma Nacional de Convergencia Democrática, aceptou a reforma política negociada cos sectores aperturistas que procedían do Franquismo e a recuperación do Estatuto de Autonomía plebiscitado en 1936. Formou parte de Coordinación Democrática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma constituída en outubro de 1976 pola maioría das forzas de oposición de España, para participar no proceso de reforma política. Elixiron a Valentín Paz Andrade para que formase parte da comisión negociadora, entre decembro de 1976 e abril de 1977. Abordou temas como a legalización de todos os partidos políticos, a lei de amnistía ou a preparación das eleccións xerais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en xullo de 1975, integrada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE), varios partidos socialdemócratas e democristiáns, e algunhas organizacións de extrema esquerda, como a Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e o Movimiento Comunista de España (MCE). Mantivo un diálogo co goberno e tivo grandes dificultades para coordinar criterios e actividades, ata que se uniu en 1976 coa Junta Democrática de España, promovida polo Partido Comunista de España (PCE), e formou a Coordinacion Democrática en marzo de 1976.
-
PERSOEIRO
Teórico marxista ruso. Iniciou a súa actividade no populismo en 1875. Deportado a Siberia, conseguiu fuxir e estableceuse en Xenebra ata 1917. Marxista convencido, defendeu a necesidade de organizar un poderoso partido obreiro baixo a dirección socialista como preparación para a futura revolución. En 1917 proclamou a continuación da guerra contra o invasor, o que o illou do triunfo da Revolución de Outubro, á que se opuxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (4.359 h [2001]). A práctica totalidade do territorio dedícase á agricultura de regadío, da que laranxeira é o cultivo principal, aínda que tamén se dan hortalizas e outras froiteiras. As actividades industriais derivan da preparación, envase e comercialización de laranxas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e topógrafo francés. Profesor do Conservatoire National des Arts et Métiers, inventou diversos instrumentos para traballos fotogramétricos de restitución de fotografías verticais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e grafista. Formou parte da escola de París, onde se estableceu en 1923. Evolucionou cara á abstracción e en 1938 contactou con V. Kandinskij e R. Delaunay. O seu espazo pictórico está composto por formas planas, coma se fosen placas, que se articulan a xeito de mosaico. Destacaron Composition rouge et vert (1962) e Composition grise, rouge et jaune (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Ao servizo do goberno francés no exilio do xeneral Charles de Gaulle, foi funcionario do Consello do Estado (1946-1954) e director xeral da banca Rothschild (1956-1958). Despois de ser xefe do gabinete do presidente De Gaulle (1958-1959), volveu ao seu cargo na banca. Foi primeiro ministro (1962-1968) e, ao retirarse De Gaulle, presidente da república (1969-1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista anual publicada en Pontevedra a partir de 1998. Subtitulada “Revista de Estudios Sociolingüísticos”, foi unha publicación promovida pola Deputación de Pontevedra e dirixida por Miguel Pereira. Amosou unha gran preocupación polo galego e recolleu traballos sobre o uso da normativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera de G. Gershwin, sobre texto de Du Bose Heyward e Ira Gershwin, estreada en Boston en 1935. Baséase, en gran parte, en ritmos de jazz.
-
CONDADOS
Condado de Irlanda, situado en Munster (1.857 km2; 94.680 h [1996]). A súa capital é Port Láirge (42.540 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico inglés. Estudou na Leeds University e na University of Cambridge, onde foi discípulo de R. Norrish, co que colaborou nas investigacións encamiñadas á obtención de reaccións químicas ultrarrápidas, traballos que recibiron o Premio Nobel de Química en 1967, compartido con M. Eigen. Despois especializouse no estudo da fotosíntese.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
postergable.