"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Organista e clavecinista neerlandés. Discípulo de E. Müller e da Schola Cantorum de Basilea, foi profesor da academia estatal de Viena (1952), do Conservatorido de Amsterdam (1955) e da Harvard University (1969). Intérprete refinado da música dos ss XVII-XVIII, gravou numerosos discos. Como musicólogo publicou un estudo sobre L’Art de la fugue e en 1968 interpretou o papel de J. S. Bach na película de J. M. Straub Chronik der Ann-Magdalena Bach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Desde 1546 traballou para o Emperador Carlos V nas obras Carlos V abatindo o Furor e A emperatriz Isabel. Traballou nas figuras de bronce e no retablo maior de El Escorial, comezado en 1579, co seu fillo Pompeo Leoni (? 1533-Madrid 1608), que fixo tamén os grupos das tumbas de Carlos I e Filipe II (1590?-1598).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Leonidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do nome grego Ëåùíίäáò, composto de ëέùí ‘león’ e -åéäçò, de −å "Times New mso-ansi-language:ES-TRAD;mso-fareast-language: → äïò  ‘forma, aspecto’. Presenta as variantes Leónidas e Leonides. No paso ao latín experimentou un cambio acentual e pasou de grave a esdrúxula (Leónidas) por ser breve a penúltima sílaba; non obstante en Galicia é máis popular a acentuación etimolóxica grega. Destaca con este nome o heroe espartano Leonidas (s V a C), presente na lírica (“Morrer en brando leito”) e san Leonides (ss II-III), profesor de elocuencia en Alexandría (Exipto). A súa festividade celébrase o 22 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enxame de meteoritos, en que o seu punto radiante está preto da estrela î-Leonis. Estes meteoritos provocan, cara ao 15 de novembro de cada ano, unha chuvia de estrelas, das que destacan as de 1799, 1833 e 1866.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Epigramista grego. Emigrado de Italia, errou polo Oriente helenizado e Exipto. Consérvanse un cento de epigramas votivos ou sepulcrais da súa autoría na Antologia Palatina, que reflicten unha experincia humana da miseria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Esparta. Considerado un dos grandes heroes da Antigüidade, sucedeu no trono o seu medio irmán Cleómenes I, cara a 488 a C. Morreu na defensa das Termópilas á cabeza dun reducido exército de 300 homes, ante as forzas invasoras persas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Esparta (247-236 a C), fillo de Cleonimo. Gobernou cunha actitude conservadora e antidemocrática. Foi destituído polos éforos no ano 242 a C e recuperou o trono en 240 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Impartiu elocuencia en Alexandría (Exipto) e educou a Oríxenes. Morreu martirizado (204) baixo Septimio Severo. A súa festividade celébrase o 22 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino ES-TRAD;mso-fareast-language: Leonidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao león.

    2. facies leonina.

    3. pacto leonino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a algún dos papas de nome León.

    2. Sacramentario que leva o nome do papa León I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao verso latino, característico da Idade Media, que está composto por dous hemistiquios que riman entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe discutida que procede do árabe ‘Deus é a miña luz’, do provenzal Alienor (posiblemente en relación co gótico alan ‘medrar’) ou do gálico Leonorius. Presenta as variantes Eleonor, Leonora, Lionor, Lianora e os hipocorísticos Nor, Nora, Nené e Nonó. Destacan con este nome Leonor de Provenza (1292), raíña de Inglaterra, e Leonor (s XIV), filla do conde Raimón Berenguer IV de Barcelona e esposa de Eduardo III de Inglaterra. A súa festividade celébrase o 22 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón (1412-1416), filla do conde Sancho e sobriña de Enrique II de Castela. Tiña un extenso patrimonio en La Rioja, na rexión do Baixo Tormes e Extremadura. Casou con Fernando de Antequera (1393), fillo de Xoán I de Castela e contribuíu coa súa riqueza a que o seu home fose elixido rei de Aragón no Compromiso de Caspe (1412). Cando enviuvou (1416), retirouse a Castela, e mediou nos conflitos que mantiñan os seus fillos, infantes de Aragón, con Xoán II de Castela, polo que as súas posesións foron entregadas finalmente a Álvaro de Luna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Aquitania, de Gascoña e de Poitiers (1137-1169, 1199-1204), raíña de Francia (1137-1152) e raíña de Inglaterra, filla de Guillerme X de Aquitania. Herdou o Ducado de Aquitania en 1137, ano en que casou con Luís VII de Francia. O Concilio de Beaugency anulou o matrimonio en 1152 e ese mesmo ano casou con Enrique Plantagenet, futuro Enrique II de Inglaterra. Aliouse cos seus fillos na conspiración contra o pai, e uniu á causa ao seu primeiro home, feito que desencadeou o seu confinamento en prisión durante 15 anos. Ante as aspiracións dos fillos polo trono, defendeu en primeiro lugar a Ricardo I de Inglaterra Corazón de León fronte a Xoán I de Inglaterra Sen Terra, pero morto o primeiro, defendeu a Xoán fronte a Filipe Augusto de Francia. Posuía un alto nivel cultural e promoveu a poesía trobadoresca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela (1379-1382), filla de Pedro IV de Aragón e de Leonor de Sicilia e nai de Enrique III de Castela e Fernando I de Aragón. Casou co príncipe Xoán, futuro Xoán I de Castela, en 1375.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal e infanta de Aragón, filla de Fernando I de Aragón e Leonor de Alburquerque. Casou en 1428 co infante Don Duarte de Portugal, que en 1433 se converteu no Rei Duarte I. Cando enviuvou en 1438, exerceu a rexencia do seu fillo Afonso ata 1440, ano en que as Cortes nomearon rei a don Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra (1465-1479) e infanta de Aragón, filla de Xoán II de Aragón e de Branca I de Navarra. En 1455, ao estalar a Segunda Guerra Civil navarresa, Xoán II desposuíu os seus fillos, Carlos de Viana e Branca, dos seus dereitos de sucesión ao trono de Navarra, en favor dela. Cando Xoán II foi coroado rei de Aragón encargoulle o goberno de Navarra (1465-1479). Tentou calmar as loitas entre agramonteses e beaumonteses e, ao morrer o seu pai (1479), herdou Navarra pero morreu 15 días despois da súa proclamación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal e despois de Francia, filla de Filipe I o Fermoso e de Xoana I de Castela e Aragón. Casou con Manuel I de Portugal (1518) e trala súa morte (1521), casou con Francisco I de Francia (1530).

    VER O DETALLE DO TERMO