Leonidas

Leonidas
[ONOM]

Antropónimo masculino que procede do nome grego Ëåùíίäáò, composto de ëέùí ‘león’ e -åéäçò, de −å "Times New mso-ansi-language:ES-TRAD;mso-fareast-language: → äïò  ‘forma, aspecto’. Presenta as variantes Leónidas e Leonides. No paso ao latín experimentou un cambio acentual e pasou de grave a esdrúxula (Leónidas) por ser breve a penúltima sílaba; non obstante en Galicia é máis popular a acentuación etimolóxica grega. Destaca con este nome o heroe espartano Leonidas (s V a C), presente na lírica (“Morrer en brando leito”) e san Leonides (ss II-III), profesor de elocuencia en Alexandría (Exipto). A súa festividade celébrase o 22 de abril.