"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Aplícase ao son que é desagradable ao oído.
-
Aplícase ás palabras ou expresións ordinarias e groseiras que poden resultar desagradables.
-
-
-
Doutrina antinatalista que, baseada na teoría da poboación de T. R. Malthus, aconsella a restrición voluntaria da procreación. O destino inevitable da humanidade é a pobreza e hai dous tipos de factores que poden evitar unha densidade de poboación que condene a humanidade á escaseza económica: os factores que aumentan o coeficiente de mortalidade e os que diminúen o coeficiente de natalidade. Desde un punto de vista político e económico, a influencia do malthusianismo xustificou o sistema librecambista, unha política de salarios fundamentada no custo das satisfaccións das necesidades máis estritas e a oposición aos intentos de reforma social e económica.
-
Diminución voluntaria da produción de bens para evitar que diminúan os prezos drasticamente.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Malthus ou ao malthusianismo.
-
Partidario das teorías de Malthus.
-
-
PERSOEIRO
Prehistoriador e arqueólogo. Catedrático de Arqueoloxía da Universidad de Salamanca (1949-1959) e Barcelona, dedicouse ao estudo da Prehistoria do N de Castela e León e Nafarroa. Da súa produción destacan La Humanidad prehistórica (1968), El proceso histórico de la antigua población peninsular, Tartessos (1970), Tartessos. La ciudad sin historia (1970-1975) e La prehistoria española (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo de Bos Aires (1778-1783) e arcebispo de Santiago de Compostela (1783-1795). Relixioso franciscano, á fronte da diocese de Bos Aires colaborou na fundación de novas poboacións e no sometemento da revolta de Túpac Amaru. Volveu á Península Ibérica como arcebispo de Santiago de Compostela, onde patrocinou importantes construcións e dotou a cidade dunha vía que a uniu con Pontesampaio, e pretendía unila co mar mediante un canal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aníbal Calvo Malvar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, un carballo de sinople, resaltado ao pé do tronco dun can da súa cor, pasante.
-
PERSOEIRO
Músico e construtor de instrumentos alemán. Inventou o Panharmonicon, un instrumento mecánico que reproduce os sons dunha orquestra completa, e tamén trompetas para xordos. Apropiouse do invento do metrónomo, de Dietrick Nikolaus Winkel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canción popular, datada en 1722, que fai referencia a John Churchill, duque de Marlborough, e aos seus feitos de armas.
-
PERSOEIRO
Pastor e mártir. Perseguido por Diocleciano, refuxiouse nun bosque onde predicou o Evanxeo ás feras. Foi acusado de meiguería e no anfiteatro romano botárono a un león e un oso, que se deitaron mansamente aos seus pés. Finalmente foi martirizado por un gladiador. Viste túnica curta e manto e como atributos leva un tridente e feras. A súa festividade celébrase o 17 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Vienne do Delfinado (461), irmán de Claudiano Mamerto. Introduciu o costume de recitar as ladaíñas que preceden á festa da Ascensión. A súa festividade celébrase o 11 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor italiano. Dunha grande actividade política, traballou nas universidades de Turín e Roma. Fundou a revista Filosofia delle scuole italiane e escribiu poesías de ton clasicista, como Inni Sacri (1832) e Nuove poesie (1835), e traballos filosóficos, como Confessioni di un metafisico (1850).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico xeorxiano. Nacionalizado estadounidense, foi un director innovador que participou do realismo e do expresionismo. Dirixiu Dr. Jeckyll and Mr. Hyde (1931), Becky Sharp (1935, primeiro filme en cor premiado en Venecia), Golden Boy (1939), The Mark of Zorro (1940) e Silk Stockings (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formado na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, colaborou en La hora e Alcalá, e realizou murais e escenografías para o Teatro Español Universitario. Introduciu a arte abstracta en España e foi un dos pioneiros da vangarda española da década de 1950. Traballou na renovación da pintura con obras como Verdes y redes (1950-1951), Ocre y gris (1960) e Composición (1960), onde expresou o paso da figuración cara ao xestual co establecemento dunha organización abstracta e xeométrica das relacións formais, cromáticas e lumínicas. Empregou a mancha firme de cores puras e abordou a estrutura compositiva e a diferenciación cromática. A finais desta década decantouse cara a unha abstracción baseada na action painting e amosou afinidades co grupo El Paso. Posteriormente, aventurouse no campo da escena e vinculouse ao mundo do teatro e do cine, onde traballou como figurinista e decorador e realizou as escenografías das obras teatrais La Celestina e Medea ou a ópera Norma. Traballou...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Parte terminal do brazo, que comprende o carpo, metacarpo e cinco dedos. O dedo groso, ou polgar, diríxese oblicuamente cara ao exterior, e os outros dedos son paralelos entre eles e o eixe da man. É un órgano importante do tacto, e é prénsil, coa posibilidade de opoñer o polgar aos outros dedos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ó vilán danlle o pé e agarra a man. Mans frías, corazón quente, namoro de repente. Boca de mel e mans de fel. Unha man lava a outra e as dúas lavan a cara. Que non saiba a man dereita o que fai a esquerda. Quen espera a man allea, mal xanta e peor cea. Tirar a pedra e esconder a man é cousa de vilán. Nin un dedo fai a man nin a andoriña fai verán. Mal anda o paxariño na man do meniño. Da man á boca pérdese a sopa.”.
-
Calquera das extremidades anteriores dos animais cuadrúpedes.
-
Extremidade posterior dos mamíferos que ten o polgar opoñible aos outros dedos.
-
-
Trompa do elefante, especialmente o extremo prénsil.
-
Conxunto de cinco cadernos de papel que constitúen a vixésima parte dunha resma.
-
Lado dereito ou esquerdo con respecto de algo ou alguén.
-
Aptitude ou destreza dunha persoa para facer certas cousas.
-
Control sobre algo ou alguén.
-
Intervención ou participación de alguén nalgunha cousa.
-
...
-
-
ILLAS
Illa do arquipélago británico, situada no mar de Irlanda e asociada a Reino Unido, que depende directamente da coroa e ten institución lexislativa autónoma (588 km2; 79.000 h [estim 2000]). A súa capital é Douglas. A poboación vive da agricultura, cultivos de patacas e cereais, e da gandería. Considérase unha das nacións celtas con semellanzas culturais con Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (4.900 km2; 294.724 h [1988]). A súa capital é Man (50.288 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir de maio de 1980. Cesou en maio de 1981. Dirixida por Antón Graciño Barral, subtitulouse “Revista galega mensual de información xeral” e foi editada por Edicións do Rueiro en Euskadi e do Castro (Sada). Promovérona xornalistas galeguistas, progresistas e independentistas que pretenderon iniciar un novo xornalismo en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade secreta militar serbia, fundada en 1911 para liberar os eslavos do S da dominación do Imperio Austro-húngaro e de Turquía, e formar unha federación iugoslava baixo a hexemonía de Serbia. Acusárona do asasinato de Francisco Fernando de Habsburgo en Sarajevo (1914).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emmanuel Radnitsky.