Man
Man
Illa do arquipélago británico, situada no mar de Irlanda e asociada a Reino Unido, que depende directamente da coroa e ten institución lexislativa autónoma (588 km2; 79.000 h [estim 2000]). A súa capital é Douglas. A poboación vive da agricultura, cultivos de patacas e cereais, e da gandería. Considérase unha das nacións celtas con semellanzas culturais con Galicia.