"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Que pode ser postergado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de postergar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar ou poñer algo ou a alguén nun lugar inferior ao que lle corresponde ou sen as vantaxes das que goza o resto.

    2. Deixar algo para un momento posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos gasterópodos, da familia dos hidróbidos, coa cuncha de pequeno tamaño, que viven en lugares húmidos, de auga doce. Adoitan aparecer individuos femia en grandes proporcións e raramente machos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Carracedo da Serra (A Gudiña). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de poesía convocado desde 2001 pola asociación cultural Ergueitos, de Sarria, en colaboración co concello da localidade luguesa. Estevo Creus, con Decrúa (2003), e Miguel Mato Fondo, con O whiskey na barrica (2004), foron algúns dos premiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na Académie Julien de París e residiu posteriormente en Venecia. De volta a EE UU, viviu en Boston e en Nova York e participou no grupo The Eight. Influído polo impresionismo traballou directamente as cores puras sobre a tea mediante a espátula. Destaca Central Park (1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán de Bratislava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado entre Napoleón I Bonaparte e o Emperador Francisco II na cidade de Pressburg (Bratislava), en decembro de 1805, pouco despois da vitoria francesa en Austerlitz. Austria cedeu unha serie de territorios ao Reino de Italia, Baviera, Württemberg e Baden, e os tres últimos estados acadaron a emancipación respecto a aquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra francés. Discípulo de A. Cluytens, foi director dos teatros da ópera de Marseille (1948), Lille e Toulouse (1946-1955). Trasladouse posteriormente a París e foi nomeado director estable da Opéra Comique (1955-1959) e do Théâtre Nacional de l’Opéra (1970-1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Formado no Conservatorio de San Petersburgo, co seu primeiro concerto para piano e orquestra (1910) iniciou unha serie de obras, inicialmente de vangarda e máis tarde de corte neoclásico, como as sinfonías para orquestra, as sonatas para piano, o conto musical Pedro e o lobo (1936), obras corais e cantatas, como Sete son sete (1936). Cultivou con intensidade a música escénica, especialmente con ballets como Romeu e Xulieta (1935) e con óperas como O amor das tres laranxas (1921), que difundiu por EE UU cun enorme éxito, e Guerra e paz (1946). Tamén escribiu música para obras teatrais e os filmes Aleksandr Nevskij (1938) e Iván o terrible (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propulsor químico empregado nun foguete. Os propergois sólidos poden ser clasificados, segundo o seu estado, en sólidos, líquidos e híbridos, e poden ser homoxéneos, constituídos por nitrocelulosa e nitroglicerina, ou compostos, con oxidante inorgánico (perclorato de amonio) e un aglutinante plástico que simultaneamente actúa de combustible. Os propergois líquidos poden ser clasificados en monergois e diergois. Os monergois son líquidos susceptibles de se descompor exotermicamente dando produtos gasosos. Entre os máis empregados cómpre mencionar o peróxido de hidróxeno e sobre todo a hidrazina. Os diergois están constituídos por un oxidante e un redutor e a reacción entre eles pode ser espontánea (hipergois) ou pode precisar dun sistema de acendido. Os híbridos teñen un reactivo sólido e outro líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia formada por unha mestura de peptonado e albuminato arxénticos. Contén un 8% de prata, aproximadamente. É un antiséptico empregado en solucións ao 0,25-1%. Utilizouse como preventivo contra enfermidades venéreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido polo Rei Carlos II en 1679 a Xosé de Bolaño Ribadeneira e Mariñas , señor da Puebla de Parga e das fortalezas de Torés e Xunqueiras, entre outras. A súa filla e herdeira, María Xosefa Rosa Bolaño Ribadeneira foi a II marquesa e casou con Tomé de los Cobos Sarmiento de Mendoza, capitán xeneral do Reino de Galicia e fillo do X conde de Ribadavia. A súa filla María Xosefa de los Cobos Bolaño Ribadeneira (?-Madrid 1767), foi a III marquesa e casou con Fernando Gayoso Arias y Ozores, III conde de Amarante e vizconde de Oca. O seu fillo Domingo Gayoso de los Cobos y Bolaño Ribadeneira (?-1803), foi o IV marqués e herdou tamén os títulos paternos e os de conde de Ribadavia (XIV), marqués de Camarasa (VIII), con Grandeza de España, e conde de Ricla. Desde entón o marquesado seguiu a mesma liña sucesoria que o condado de Ribadavia ata 1871: Joaquín Gayoso de los Cobos (?-1849),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais na Universidad de Extremadura (1987-1988), na Universidad de Cantabria (1988-1990) e, desde 1990, na Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesor na Cátedra Jean Monet de Dereito da Integración Europea desde 2000. As súas liñas de investigación céntranse no dereito marítimo, nas organizacións internacionais de integración e no dereito internacional humanitario. Escribiu, entre outros, La Actividad Exterior y Comunitaria de Galicia. La experiencia de otras Comunidades Autónomas (1997), xunto a M. T. Ponte Iglesias, e Mercosur: nuevos ámbitos y perspectivas en el desarrollo del proceso de integración (2000), con J. Rey Caro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e político, fillo de Luciano Puga Blanco. Coñecido como Picadillo, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e foi xuíz municipal de Arteixo, concelleiro (1914) e alcalde da Coruña (1917). Colaborador de El Noroeste e El Orzán, destacou como escritor de temas gastronómicos e costumistas. Da súa obra destacan Treinta y seis maneras de guisar el bacalao (1901), Integración de algunas materias de derecho civil (1901), La cocina práctica (1905), Las 56 maneras de hacer el bacalao (1906?), El rancho de la tropa (1909), Pote aldeano (1911), Vigilia reservada. Minutas y recetas (1912) e Mi historia política (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial. Xunto con Ben Field realizou en Chicago un tipo de vagón de ferrocarril con camas (1863). O primeiro vagón-cama construído foi bautizado con nome de The Pioneer (1865), e axiña se difundiu mundialmente. Tamén ideou outros perfeccionamentos e melloras para a comodidade, como os asentos extensibles ou o vagón restaurante. Fundou unha fábrica en Palmyra e unha cidade que leva o seu nome, Pullman City, en Chicago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de purgar ou de purgarse.

    2. purgante.

    3. Proceso de eliminación de elementos politicamente indesexables, ou pouco seguros no seo dunha administración pública ou nun partido político, realizado polo órgano executivo ou polos máximos dirixentes. Son célebres os de Stalin, na URSS (1936-1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser purgado.

    VER O DETALLE DO TERMO