propergol
Propulsor químico empregado nun foguete. Os propergois sólidos poden ser clasificados, segundo o seu estado, en sólidos, líquidos e híbridos, e poden ser homoxéneos, constituídos por nitrocelulosa e nitroglicerina, ou compostos, con oxidante inorgánico (perclorato de amonio) e un aglutinante plástico que simultaneamente actúa de combustible. Os propergois líquidos poden ser clasificados en monergois e diergois. Os monergois son líquidos susceptibles de se descompor exotermicamente dando produtos gasosos. Entre os máis empregados cómpre mencionar o peróxido de hidróxeno e sobre todo a hidrazina. Os diergois están constituídos por un oxidante e un redutor e a reacción entre eles pode ser espontánea (hipergois) ou pode precisar dun sistema de acendido. Os híbridos teñen un reactivo sólido e outro líquido.