"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón, filla de Afonso VIII de Castela e de Leonor de Inglaterra. En 1221 casou con Xaime I pero en 1229, pouco antes da expedición a Mallorca, o seu home pediu a nulidade do matrimonio, alegando o seu parentesco. Despois de obter a separación canónica, lexitimaron o seu fillo, o infante Afonso, e retirouse ao mosteiro de Las Huelgas, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra (1272-1290), filla de Fernando III de Castela e Xoana de Pontieu, e nai de Eduardo II de Inglaterra. Casou en 1254 co futuro Eduardo I de Inglaterra, a quen acompañou á Oitava Cruzada. Sucedeu a súa nai en 1279 nos condados de Ponthieu e de Montreuil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón (1329-1336), filla de Fernando IV de Castela e de Constanza de Portugal. Casou con Afonso IV de Aragón en 1329 e buscou o recoñecemento como herdeiro do Marquesado de Tortosa e doutros territorios, ao seu fillo Fernando, en prexuízo do primoxénito do seu home, Pedro IV. Á morte do monarca, houbo unha guerra civil polos dereitos nas posesións, pero finalmente Pedro subiu ao trono. Na guerra entre Castela e Aragón, tomou partido por Pedro I de Castela, pero despois cambiou ao verse afectadas as posesións dos seus fillos en Levante. En Castela favoreceu a Enrique de Trastámara nas súas pretensións ao trono polo que Pedro I mandouna recluír e executar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela (1170-1214), filla de Enrique II de Inglaterra e de Leonor de Aquitania. Casou en 1170 con Afonso VIII de Castela, co que o Ducado de Gascoña quedou anexionado á coroa. Fundou en Burgos o mosteiro de Las Huelgas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón (1347-1348), filla de Afonso IV de Portugal e de Beatriz de Castela. Casou con Pedro IV o Cerimonioso (1347), administrou as vilas que o rei lle asignara para vivir e interveu no nomeamento dalgúns oficiais. Morreu víctima da peste negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra, filla de Ramón Berenguer IV e de Beatriz de Savoia. Casou con Enrique III de Inglaterra (1236). Favoreceu con cargos importantes os seus parentes savoianos e implicou o rei nos seus proxectos italianos. Enviuvou en 1272 e foi rexente do seu fillo Eduardo ata finais de 1274. Retirouse ao mosteiro de Amesbury. Venerada como santa, a súa festividade celébrase o 1 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón (1349-1375), filla de Pedro II de Sicilia e de Isabel de Carintia. Casou con Pedro IV o Ceremonioso (1349). Concertou para os seus fillos diversas alianzas matrimoniais que deron como resultado, en 1357, os dereitos á sucesión do Reino de Sicilia (que máis tarde cedeu ao seu fillo Martiño) e aos ducados de Atenas e Neopatria, que foron anexionados á coroa (1369-1370). Axudou na política ao seu marido e cando o rei estaba ausente realizaba as funcións de lugartenente real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra (1403-1415), filla de Enrique II de Castela e nai de Branca I de Navarra. Casou en 1375 con Carlos III de Navarra e gobernou o reino en ausencia do seu home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal, filla de Martín Afonso Telo de Meneses e de Aldonça de Vasconcelos. Casada con João Lourenço da Cunha, señor de Pombeiro, conseguiu casar en secreto co Rei Fernando I despois de que este lle anulase o matrimonio. Mandou matar a todo aquel que fora un impedimento para as súas intrigas entre os que se atopaban os dous fillos de Inés de Castro, medio irmáns do seu home. Favoreceu con cargos os seus familiares e o seu amante. Cando morreu o seu home, fixo proclamar raíña de Portugal a súa filla Beatriz, casada con Xoán I de Castela, feito que provocou o alzamento do pobo que elixiu a Xoán, fillo natural de Pedro I, que trala vitoria na Batalla de Aljubarrota (1385) se converteu en Xoán I de Portugal. A raíña marchou a Castela, onde intrigou contra o seu xenro Xoán I, quen a encerrou no mosteiro de Tordesillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo feminino Leonor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmonauta ruso. Foi o primeiro home que saíu fóra do vehículo estando en órbita terrestre, feito que tivo lugar o 18 de marzo de 1965, durante o vo de Voskad-2, e que durou uns 20 minutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi autor de novelas como Barsuki (Os teixos, 1924), Vor (O ladrón, 1927) e outras, onde fixo retratos psicolóxicos á maneira de F. M. Dostojevskij. Tamén escribiu pezas teatrais como a editada en 1942, Našestve (A invasión, 1942; Premio Stalin 1943). Recibiu o Premio Lenin en 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: facies leonina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista ruso. Nacionalizado estadounidense, formulou, a partir da análise do input-output, un modelo estático de explicación da estrutura económica utilizado como base de futuras previsións ou planificacións. Da súa produción destacan The Struture of American Economy (1941). Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, vivaces, da familia das asteráceas, que presenta talos solitarios cun sistema radicular que pode estar ou non engrosado, follas radicais, dentadas ou pinnatiseptas, capítulos terminais de flores liguladas de cor amarela e froito en aquenio. Comprende unhas 60 especies distribuídas por Europa, a rexión mediterránea, Asia central e América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Abandonou a medicina pola literatura. Influído por N. J. Danilevskij, propugnou para Rusia un mesianismo bizantino político, social e relixioso nas súas obras Rusia e O oriente e os eslavos (1885-1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista ruso. Membro da Academia de Ciencias da URSS (1953), interveu na polémica sobre o papel da lei do valor na economía socialista e participou na elaboración do programa de ensino da economía política da URSS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Traduciu a Horacio, Virxilio e a Batracominomaquia, e admiraba a cultura grega. Nas súas obras o ser e a vida identifícanse coa felicidade, inalcanzable en tanto que está nas ilusións e na fantasía, localizadas na natureza, que debe ser destruída pola razón e o progreso. Rexeitaba os neoclásicos e, á vez, era parcialmente antirromántico, aínda que tiña algúns trazos desta corrente, como a loita do espírito pola sublimación, o pesimismo, o amor platónico de raíz petrarquista e da dor. Formalmente, os seus poemas presentan unha linguaxe moi elaborada. Da súa produción destacan Zibaldone (1810-1832), unha compilación da súa filosofía, as Operette morali (1827), a carta Agli amici suoi di Toscana (1831), o seu testamento literario e sentimental, a serie dos Canti (1835), os Pensieri (1845) e os tratados Storia dell’a astronomia (1840) e Saggio sopra gli errori degli antichi (1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero carnívoro que ten o corpo áxil e musculado e un pelame característico de fondo pardo cun gran número de manchas negras co centro claro. Mide arredor de 1-1,5 m e pesa entre os 60-80 kg. Trepa ás árbores, onde leva a súa presa para evitar que lla rouben outros depredadores. Vive en toda clase de hábitats, tanto en bosques tropicais como en zonas áridas, na montaña e na chaira. Entre os félidos, é o que ten unha área de distribución máis extensa, posto que se atopa en case toda África, ao S de Asia e en Insulindia. En Sri Lanka e en Insulindia habitan formas de pelaxe negra (teñen máis melanina) coñecidas como pantera negra. Existen sete subespecies de leopardo, das que catro están en perigo de extinción (P. p. orientalis, P. p. tulliana, P. p. panthera e P. p. nimr) e problablemente a P. p. adersi, de Zanzíbar, xa estea extinta. As subespecies máis comúns son P. p. pardus (norteafricana) e P. p. jarvis (leopardo...

      2. leopardo das neves [Uncia uncia, Fam dos félidos]

        Mamífero carnívoro, que habita nas montañas do Himalaia, Afganistán, Pakistán, India, China e Nepal, en elevacións de entre 2.000 a 6.000 m de altitude. Mide entre 1 e 1,3 m de lonxitude, aliméntase de pequenos e medianos mamíferos e ten hábitos diúrnos, aínda que cando é máis activo e no amencer e no ocaso. Está considerada unha especie en perigro de extinción.

      1. Figura heráldica que representa un leopardo pasante coa cabeza de fronte, amosando os dous ollos e a borla caída da cola cara a fóra.

      2. leopardo leonado

        Figura do león cando está en posición rampante pero coa cabeza de fronte.

      3. leopardo natural

        Figura do león cando está representado ao natural, xeralmente como soporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos carnívoros, da familia dos félidos, cun tamaño que oscila entre os 50 e os 80 cm, máis o rabo, que adoita medir uns 40 cm. As súas especies habitan en zonas de densa vexetación e aliméntanse de pequenos mamíferos, réptiles, aves e peixe. Son naturais de Ámerica central e do S. Comprende as especies L. pardalis, L. tigrinus e o L. wiedii.

    VER O DETALLE DO TERMO