Leonor de Castela
Leonor de Castela
Raíña de Aragón (1329-1336), filla de Fernando IV de Castela e de Constanza de Portugal. Casou con Afonso IV de Aragón en 1329 e buscou o recoñecemento como herdeiro do Marquesado de Tortosa e doutros territorios, ao seu fillo Fernando, en prexuízo do primoxénito do seu home, Pedro IV. Á morte do monarca, houbo unha guerra civil polos dereitos nas posesións, pero finalmente Pedro subiu ao trono. Na guerra entre Castela e Aragón, tomou partido por Pedro I de Castela, pero despois cambiou ao verse afectadas as posesións dos seus fillos en Levante. En Castela favoreceu a Enrique de Trastámara nas súas pretensións ao trono polo que Pedro I mandouna recluír e executar.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Castrojeriz