"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nimbo de forma almendrada ou ovalada que rodea a figura do Pantocrátor, na arte paleocristiá, bizantina e románica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as plantas do xénero Mandragora, da familia das solenáceas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das solanáceas, que presentan as raíces napiformes e dispostas e as follas simples, oblongas, lanceoladas e roseta basal. As flores son campanuladas, pedunculadas e de cor violácea, e o froito en baga amarela ou alaranxada. Teñen propiedades narcóticas. Comprende dúas especies, M. officinarum, de Dalmacia, e M. autumnalis, da parte sudoccidental da Península Ibérica e doutras rexións mediterráneas.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Cristovo de Cea baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte situada na parroquia de Mandrás, no concello de San Cristovo de Cea, sobre o río Barbantiño. Construíuse para dar continuidade ao Camiño Real de Ourense a Santiago. Ten un só van, de arco de medio punto de cantería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero da orde dos primates que mide 1 m de lonxitude e pesa uns 50 kg. É moi robusto e está dotado dunha gran forza muscular, cunha cabeza moi grande e viseira supraorbital marcada. O fociño é alongado, de cor negra nas femias e vermello cunhas protuberancias cutáneas laterais azuis nos machos. O pelame é longo e pouco denso, dunha cor terrosa no dorso e os flancos, amarelenta no peito e abrancazado no ventre. Habita nas selvas de África occidental, e aliméntase dunha gran variedade de plantas e pequenos animais. De costumes sedentarios, habita en grupos de ata 50 individuos, dirixidos por un macho vello. Ten un carácter agresivo e irritable.
-
-
-
Utensilio de forma cilíndrica ou cónica que se introduce no orificio dunha peza para suxeitala.
-
Utensilio destinado a igualar un orificio e deixalo á medida exacta.
-
Utensilio que serve para arrincar parafusos dobrados, e que consiste nun parafuso cónico enroscado cara á esquerda.
-
-
Fío ou barra metálica que se introduce dentro das sondas ou cánulas para aumentar a resistencia e facilitar a súa penetración, ou ben dentro das agullas de inxección para impedir que se atasquen.
-
-
-
de mandrilar.
-
Operación de mecanización que consiste en ensanchar un burato cilíndrico. O mandrilado realízase normalmente mediante unha mandriladora cunha ou máis brocas dun só fío, pero tamén se pode realizar cunha máquina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se encarga de manexar a mandriladora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina que se emprega para mandrilar metais. Está constituída por unha base, un montante, en que está o cabezal que acciona a broca, e unha táboa onde se fixa a peza a mecanizar. A broca ten un movemento de rotación, mentres que o movemento de avance é realizado pola táboa portapeza ou pola mesma broca. Para situar a peza en relación coa broca de mandrilar, desplázase a táboa nas mandriladoras de montante fixo, ou ben o montante nas mandriladoras de montante móbil. As mandriladoras múltiples fan diversas operacións ao mesmo tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ensanchar ou pulir o burato dunha peza de metal cun mandril ou mandriladora.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de manducar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inxerir alimentos sólidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘mandar’ e ‘ordear’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘mando’.
-
CIDADES
Cidade do estado de Karnātaka, India, situada en Deccan Plateau, ao S do estado (119.970 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Dirixiu o Diario de Barcelona cunha perspectiva conservadora, típica da burguesía catalá e colaborou en revistas como El Genio ou La Discusión. Destacan as obras La revolución de 1868 juzgada por sus autores (1876), La paz y los fueros (1876) ou El oasis: viaje al país de los fueros (Provincias Vascongadas y Navarra) (1876-80).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico que pertence ao grupo dos ditiocarbamatos e que actúa como funxicida de acción foliar e mellora o aspecto dos cultivos a tratar. Está autorizado nun gran número de cultivos, tanto herbáceos como leñosos. Pode presentar problemas de fitotoxicidade nalgunhas variedades de pereira, cucurbitáceas e plantas do tomate. Tamén se aplica en tratamentos posteriores á colleita na desinfección de sementes para sementar.
-
-
Relativo ou pertencente ao municipio de San Martín de Trevejo (Cáceres).
-
Natural ou habitante do municipio de San Martín de Trevejo (Cáceres).
-
Dialecto do galego que se fala no municipio de San Martín de Trevejo (Cáceres).
-