"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘manganeso’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido mangánico. Os manganatos obtéñense por fusión do MnO 2 con álcalis en presenza do aire, ou dun axente oxidante, segundo a reacción MnO 2 + 2KOH ⎯⎯→ >300ºC K 2 MnO 3 + H 2 O; 2K 2 MnO 3 + O2 →2K 2 MnO 4 .

    2. Anión de fórmula MnO 4 2 que se pode considerar derivado formalmente do ácido mangánico por pérdida dos hidróxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artiluxio de guerra para tirar pedras que consistía nun pau ou panca de brazos desiguais sostida por dous largueiros que levaba un contrapeso nun extremo e no outro, unha fonda co proxectil que se lanzaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico que pertence ao grupo VII B da táboa periódica, xunto co renio e tecnecio, e que se coñecía antigamente como mangano, de número atómico 25 e peso atómico 54,938. É de cor gris con refrexos vermellos, e preséntase en tres variedades alotrópicas: a forma , cúbica, estable por debaixo de 742°C, a forma , tamén cúbica, estable no intervalo 742-1191°C e a forma , tretagonal, do manganeso electrolítico, quen é estable por enriba dos 1191°C. O manganeso está moi difuso na natureza, e é indispensable para a vida; os principais minerais son a hausmannita, a pirulosita, a braunita e a manganita. Na industria obtense por redución dos óxidos ou por aluminiotermia. O manganeso é un elemento reactivo de comportamento similar ao ferro. Presenta todas as valencias, do 1 ata o 7; os óxidos de valencia 2 e 3 son básicos, os de valencia 4, 6 e 7 forman os anhídridos ácidos, e as valencias 1 e 5 representan compostos complexos. Descompón a auga lentamente en frío,...

    2. Pos negros que se obteñen por calcinación do Mn(NO 3 ) 2 . Na natureza o dióxido de manganeso forma a pirulosita.

    3. Sólido delicuescente de cor verde, que se obtén por tratamento do sesquióxido de manganeso con ácido sulfúrico; en presenza de auga hidrolízase, segundo a ecuación Mn 2 (SO 4 ) 3 + 2H 2 O ⇋ MnSO 4 + MnO 2 + 2H2SO 4.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao manganeso.

    2. Que contén manganeso.

    3. Aplícase aos compostos de manganeso nos que este actúa con valencia ou número de oxidación de +3 ou +6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén manganeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • permanganimetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de cobre (84%), manganeso (12%) e níquel (4%), que se emprega na fabricación de resistencias eléctricas pola súa baixa resistividade (0,38 · 106 ·m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación por causa do manganeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido básico de manganeso, de fórmula MnO(OH). Cristaliza no sistema monocíclico e ten o hábito prismático ou fibroso. É de cor gris escura ou negra e ten unha dureza 4 e unha densidade 4,33.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido manganoso. Os máis coñecidos son os alcalinos, que se obteñen por fusión do dióxido de manganeso cun hidróxido alcalino, segundo a reacción MnO 2 + 2KOH ⎯⎯→ ~300ºC K 2 MnO 3 + H 2 O.

    2. Anión de fórmula MnO 3 = , que se pode considerar derivado formalmente do ácido manganoso por perda de todos os hidróxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Destacou polo seu desenvolvemento de personaxes dunha grande intensidade dramática. Participou nos filmes Riso amaro (1948), Il processo di Verona (1962), Le streghe (1967), Morte a Venezia (1971), Ludwig (1972) e Occi Ciornie (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. mangan(o)-.

    2. Forma prefixada que indica a presenza de manganeso divalente (Mn 2+ ).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de biotita na que o aluminio e o magnesio foron substituídos por manganeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao manganeso.

    2. Que contén manganeso.

    3. Aplícase aos compostos de manganeso nos que este actúa cunha valencia ou número de oxidación de +2.

    4. Ácido que se obtén mediante a reacción MnO 2 + H 2 0 → H 2 MnO 3 .

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer o mango a unha ferramenta ou apeiro.

      1. Dar un golpe de xeito intencionado.

      2. Tirar un obxecto a algo ou a alguén.

      3. Deixar algo pendurado dun sitio. 

      4. Comer avidamente e con moita présa.

      5. Colocar un obxecto nun lugar.

      6. Estar ocioso ou sen realizar ningún traballo. OBS: Utilízase en construcións negativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mangbetu ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mangbetu.

    3. Pobo que habita as ribeiras do Uelé, afluente do Congo, na República Democrática do Congo. Dedícanse á agricultura, traballan a madeira, o coiro e o marfil e tamén son comerciantes. A súa organización social é moi complexa e fortemente xerarquizada.

    4.   Lingua do phylum nilo-sahariano que fala o pobo mangbetu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Marcel Marceau, especializouse no mimo, e creou o personaxe de Bip, co que mesturaba a sensibilidade romántica coas situacións tráxicas. Destacan os seus espectáculos Paris qui rit, Paris qui pleure (1959), Le danseur de tangos (1972) e The Bowler Hat (2000). Traballou tamén na serie televisiva First Class (1984) e nos filmes Barbarella (1968), Silent Movie (1976), Elogio della pazzia (1986) e Kinski Paganini (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito do mangleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO