manganeso

manganeso

(< fr manganèse)

  1. s m [QUÍM]

    Elemento metálico que pertence ao grupo VII B da táboa periódica, xunto co renio e tecnecio, e que se coñecía antigamente como mangano, de número atómico 25 e peso atómico 54,938. É de cor gris con refrexos vermellos, e preséntase en tres variedades alotrópicas: a forma , cúbica, estable por debaixo de 742°C, a forma , tamén cúbica, estable no intervalo 742-1191°C e a forma , tretagonal, do manganeso electrolítico, quen é estable por enriba dos 1191°C. O manganeso está moi difuso na natureza, e é indispensable para a vida; os principais minerais son a hausmannita, a pirulosita, a braunita e a manganita. Na industria obtense por redución dos óxidos ou por aluminiotermia. O manganeso é un elemento reactivo de comportamento similar ao ferro. Presenta todas as valencias, do 1 ata o 7; os óxidos de valencia 2 e 3 son básicos, os de valencia 4, 6 e 7 forman os anhídridos ácidos, e as valencias 1 e 5 representan compostos complexos. Descompón a auga lentamente en frío, o ácido sulfúrico atácao a unha temperatura alta e moitos ácidos diluídos en disolución, con formación de sales manganosas. Algúns metais (Al, Mg, Zn) desplázano dos seus sales, pero o metal liberado oxídase en contacto coa auga. Combínase cos halóxenos, co xofre e co fósforo, e forma unha amálgama co mercurio, e tamén diversas aliaxes, algunhas dunha extraordinaria importancia industrial. Emprégase principalmente en procesos siderúrxicos e na manufacturación de aliaxes (ferro-manganeso, cupro--manganeso).

  2. dióxido de manganeso [QUÍM]

    Pos negros que se obteñen por calcinación do Mn(NO 3 ) 2 . Na natureza o dióxido de manganeso forma a pirulosita.

  3. sulfato de manganeso III [QUÍM]

    Sólido delicuescente de cor verde, que se obtén por tratamento do sesquióxido de manganeso con ácido sulfúrico; en presenza de auga hidrolízase, segundo a ecuación Mn 2 (SO 4 ) 3 + 2H 2 O ⇋ MnSO 4 + MnO 2 + 2H2SO 4.