"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Predicador persa. Fundador do maniqueísmo, formouse na seita ebionita e creou unha doutrina e unha igrexa de carácter sincrético en que mestura ensinanzas de Xesús Cristo, Zoroastro e Buda. Coñecido tamén como Mani Palatino; Ḥ ayyâ (‘Mani o Vivente’), en grego o nome pasou a Manikhaios, de onde procede maniqueo. Atribúenselle obras datadas no s III que, escritas en arameo oriental dialectal, foron declaradas canónicas por el mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Psicose caracterizada por unha exaltación das facultades vitais: euforia esaxerada, aceleración do curso das ideas e axitación psicomotora. De carácter cíclico, pode alternar con fases depresivas (psicose maníaco-depresiva) e pode ter un dobre carácter: de delirio ou obsesivo.

      2. manía de grandeza

        Obsesión por aparentar importancia esaxerada, riqueza ou poder.

      3. manía persecutoria

        Obsesión de ser obxecto de mala vontade por parte doutra ou doutras persoas.

    1. Costume raro que se practica en exceso.

    2. Sentimento de animadversión contra algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á manía.

    2. Que ou quen padece unha manía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á psicose maníaco-depresiva.

    2. Que ou quen padece unha psicose maníaco-depresiva.

    3. Tipo de manía en que a exaltación eufórica está presente dun xeito inestable, con fases de depresión e inquedanza e cunha certa desmesura na expresión das ideas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás manías.

    2. Que ou quen ten algunha manía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Moçambique (61.661 km2; 974.208 h [1997]). A súa capital é Chimoio (171.056 [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zimbabwe (36.459 km2; 1.537.275 h [1992]). A súa capital é Mutare (131.808 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento dedicado a aloxar e, máis modernamente, a tratar de curar os enfermos mentais. O feito de que a finais do s XVIII a loucura fose considerada simplemente un perigo social, determinou que os enfermos mentais fosen tratados practicamente como malfeitores e criminais. Francia e Inglaterra foron os primeiros estados que estableceron unha lexislación de acordo coas esixencias derivadas dunha nova comprensión da loucura como enfermidade, a miúdo curable. En Galicia, en xullo de 1885, fúndase en Santiago de Compostela o primeiro manicomio, en Conxo, con catro séculos de diferenza respecto ao primeiro do Estado Español; era unha institución privada en mans da igrexa e outros socios capitalistas, ata que en 1969 pasou a mans da Deputación da Coruña.

    2. Lugar onde reina a confusión, a desorde ou o balbordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monarca que, no s XV, exercía o poder sobre os distintos reinos que compoñían as actuais República Democrática do Congo e República do Congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Canadá, que desemboca no estuario do San Lourenzo, preto de Baie-Comeau, tras un percorrido de 480 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coidado das mans e das uñas.

    2. Operación ou proceso mediante o que se realiza o coidado das mans e das uñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten por oficio realizar a manicura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten as mans curtas.

    2. Que ou quen escatima no que dá ou no que gasta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao alimento que está en mal estado.

    2. Aplícase ao tema ou asunto que xa foi tratado ou repetido, e que xa non é orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mánidos.

    2. Mamífero da familia dos mánidos.

    3. Familia de mamíferos da orde dos folidotos á que pertencen os pangolíns. Son trepadores insectívoros, de cola longa, corpo alongado e recuberto de escamas córneas imbricadas; boca pequena, carente de dentes e lingua vermiforme para capturar formigas. Distribúese por África e Asia sudoriental tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estilo artístico da arte occidental que se limitou a Europa aproximadamente desde 1520 ata 1600. Este termo foi empregado por G. Vasari ao manifestar que os discípulos de Michelangelo Buonarroti pintaban á maniera do mestre. Sitúase nun momento de loita entre o anticlasicismo e o clasicismo; a forma desintégrase a partir da figura serpentinata, o idealismo concrétase e alcanza un ton fantástico e insólito; hai unha gran predisposición á excentricidade e ao desbaratamento, rómpense os eixes convencionais compositivos e establécese un divorcio entre a función e a forma. Os núcleos manieristas máis importantes foron Roma, cos alumnos de Rafaello, G. Romano, B. Peruzi e Prin del Vaga, e Mantua, onde G. Romano construíu o Palacio do Té, en que se formou F. Primaticio, que con G. B. Roso creou a escola de Fontainebleau, que mantiveron máis tarde J. Bunel de Blois, A. Dubois de Amberes e Martin Fréminet. Praga, coa corte de Rodolfo II, atraeu a G. Arcimboldi, que, xunto con B....

    2. Fenómeno en que, en calquera estilo, se produce un predominio da ostentación da habilidade formal sobre o contido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao manierismo.

    2. Persoa que cultiva o manierismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de manifestar ou manifestarse.

    2. Demostración colectiva, xeralmente ao aire libre, en que as persoas que nela concorren fan patentes as súas convicións, desexos ou sentimentos a favor ou en contra dunha opinión ou dunha reivindicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen participa nunha manifestación.

    VER O DETALLE DO TERMO