"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Doutrina de orixe calvinista segundo a cal o home existía antes de Adán, polo que non o considera o primeiro home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das persoas que viviron na Terra antes que Adán, a existencia dos cales ofrece dificultades dogmáticas para unha interpretación ríxida da Xénese, que o considera o primeiro home.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos preadamitas ou ao preadamismo.

    2. Defensor ou seguidor do preadamismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Predisposición que fai que, mediante unha mutación previa dun carácter morfolóxico ou fisiolóxico, un organismo poida subsistir e prosperar nun medio diferente do que é orixinario ou no que se orixinou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combustión anormal nun motor de arranque por chispa, a causa dunha arrancada superficial que se produce antes do salto da chispa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superiora dun convento ou comunidade relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xunta que consiste nun manguito, unha brida, etc, con estopada impregnada nun lubrificante, que ao ser axustada hermeticamente a unha árbore, a un pivote, etc, impide as fugas de vapor ou de gases nos cilindros e noutros elementos das máquinas de vapor ou de motores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de cousas que caben no oco das mans dunha vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crecemento lateral dun estrato ou dunha formación sedimentaria que tende a encher unha área máis deprimida, xa sexa fluvial, lacustre ou mariña, mentres que o vertical é nulo ou case nulo. O exemplo máis patente é o dos deltas e os conos de dexección fluviais. OBS: Oponse á retrogradación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pseudomonadáceas.

    2. Bacteria da familia das pseudomonadáceas.

    3. Familia de bacterias pseudomonadais que agrupa formas alongadas, rectas, raramente cocoides, móbiles por flaxelos polares, de crecemento moi rápido. Son oxidativas e teñen unha distribución moi ampla. Algunhas son cromoxénicas. Os xéneros máis importantes son Pseudomonas (como P. aeruginosa), Phythomonas e Xanthomonas, que son saprófitos dos vexetais, Protaminobacter e Mycoplana, entre outros moitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pseudomonadais.

    2. Bacteria da orde das pseudomonadais.

    3. Orde de bacterias que agrupa formas unicelulares illadas, nunca tricomas, ríxidas, bacilares, case nunca cocoides, Gram-negativas e móbiles por flaxelos polares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dermatose caracterizada pola formación de manchas cicatrizais nas que a destrución dos cabelos é definitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no val do Guadiana, ao L da capital provincial (5.522 h [2001]). A economía é agrícola e gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e enxeñeiro. Doutor en Matemáticas (1921) e enxeñeiro industrial (1931), foi catedrático do Instituto San Isidro de Madrid desde 1926, catedrático de Extensión de Cálculo da Escuela de Ingeniería Industrial desde 1946 e encargado da cátedra de Metodoloxía e Didáctica da facultade de Ciencias da Universidad Central de Madrid. Realizou numerosos traballos sobre a didáctica das matemáticas e iniciou o método heurístico. Pertenceu á Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, historiador da arte e político. Estudou arquitectura e ciencias exactas en Barcelona e doutorouse en Madrid en 1888. Establecido en Barcelona, dirixiu a construción da casa Martí (1985) e realizou a Casa Amatller (1900) e a casa Terrades (1905), e os proxectos da Exposición Internacional de 1915. Proxectou o enlace da Via Laietana co sector da capela de Santa Àgata (1914) e o arranxo da praza de Catalunya (1923). Cofundador da Lliga Regionalista (1901) e rexedor do Ajuntament de Barcelona (1902-1905), axudou a E. Prat de la Riba i Sarrà na súa tarefa cultural e foi presidente do Institut d’Èstudis Catalans. Foi designado segundo presidente (1917) e presidente (1919-1923) da Mancomunitat de Catalunya. A Guerra Civil Española obrigouno a fuxir e estableceuse en Francia. Bo coñecedor da arte medieval catalá, escribiu L’arquitectura romànica a Catalunya (1909-1918, con A. de Falguera e J. Goday) e La geografia i els orígens del primer art romànic (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá co puño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe dado cun puñal.

    2. Ferida feita cun puñal.

    3. Desgusto, pena ou traizón que se causa a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa atlántica, situada entre a praia de Beo e a punta Guixón, na parroquia de Vilanova de Santiso (Malpica de Bergantiños).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das pasadas que se dá coa agulla enfiada, ou outro instrumento semellante, ao coser.

      2. Cantidade de fío que vai entre os dous buratos feitos coa agulla cando se cose.

      3. Cada un dos buratos feitos cunha agulla cando se cose.

    1. punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa cantábrica situada entre as puntas de Campanario e Castro, na parroquia de Cervo, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO