"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro agrónomo e estadista noruegués. Foi cabeza do partido agrario (1955), que é responsable da súa orentación cara a unha posición centrista. En 1961 foi elixido presidente do odelsting (Parlamento noruegués), e en 1965 chegou a ser primeiro ministro, pero en 1971 dimitiu en desacordo coa proposta de entrada do país na CEE.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ostān de Lorestān, Irán, situada nun val moi fértil (183.879 h [1986]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto binario de boro e un elemento menos electronegativo, xeralmente metais de transición. Os boruros adoitan obterse a partir da electrólise dos boratos fundidos; os metálicos teñen puntos de fusión moi elevados, unha dureza extraordinaria e condutividades eléctricas relativamente altas. Teñen aplicación como abrasivos, refractarios e emisores de electróns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro do que se supón a súa existencia pola interpretación errónea dun documento datado no ano 951 no que Ordoño III doaba á igrexa de Santiago a vila chamada Borvene. Pouco despois, neste mesmo diploma menciónase un mosteiro identificado cun cenobio supostamente chamado Borvén próximo ao río Miño, quizais na provincia de Ourense. Non obstante , o mosteiro citado fai referencia a San Pedro de Antealtares (que máis tarde cambiará a súa advocación orixinal pola de San Paio), mosteiro beneficiario desa doazón.
-
PERSOEIRO
Militar, xeógrafo e naturalista. Participou na expedición científica do capitán Nicholas Baudin á Nova Holanda (actual Australia) e percorreu as illas do Océano Índico. Exiliado de Francia durante catro anos, publicou unha Géographie de la péninsule ibérique (Xeografía da Península Ibérica, 1818). En 1829 foi o encargado da dirección dunha expedición científica francesa a Morea e en 1839 participou nunha expedición a Alxeria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Escribiu novelas nas que reflectiu e analizou os problemas da súa época, como en: Mon village à l’heure allemande (A miña vila na hora alemana, 1945), Premio Goncourt.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico norteamericano. Foi un dos mellores estilistas do decenio 1925-1935. Conxugando realismo e lirismo, abordou as relacións e a intimidade amorosas en filmes como A farewell to arms (Adeus ás armas, 1932), baseado no libro de Ernest Hemingway, Secrets (Segredos, 1933) e The mortal storm (Tempestades da alma, 1940). Dirixiu amais, as películas: Seven sweethearts (As sete noivas, 1942), Spanish main (O mar das Antillas, 1945) e The big fisherman (O gran pescador, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Raza de can lebreiro de orixe rusa, duns 70 cm de alzada, de pelo longo e ondulado, coa cabeza alongada e estreita. Antigamente se utilizaba para a caza de lobos.
-
PERSOEIRO
Atleta. Especialista en probas de velocidade, foi o primeiro corredor europeo que gañou os 100 e os 200 m lisos nuns mesmos Xogos Olímpicos (Múnic 1972), cuns rexistros de 10’’ 14 centésimas e 20’’, respectivamente. Atleta moi técnico, formouse no centro estatal de adestramento de Kiev. Acadou as plusmarcas europeas de 100 m lisos e 200 m lisos con 10’’ e 20’’. Nos Xogos Olímpicos de 1972 conseguiu a medalla de prata co equipo de testemuños 4x100 da Unión Soviética. Retirouse en 1978.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de ruminantes da familia dos bóvidos ao que pertencen as razas de bovinos domésticos e os cebús. O antepasado da maioría dos bóvidos domesticados foi o uro (Bos primigenius) que deixou de ser unicamente presa de caza para o home hai uns 6.000 anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[nome oficial:
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Arxentina, entre o esteiro do Río de la Plata e o río Colorado (307.571 km2; 13.333.670 h [estim 1995]). A capital é La Plata. Excepción feita da serra da Ventana e da serra do Tandil, o terreo é predominantemente chan. Os ríos principais son o Paraná e os seus afluentes, o Salado e o Colorado. O clima é temperado. A vexetación predominante é a propia da pampa. A economía da provincia baséase principalmente na agricultura (millo, trigo, liño) e na gandería (gando bovino, ovino, porcino e cabalar). A industria está situada principalmente nas cidades que forman a conurbación do Gran Bos Aires, ao NL, onde se concentra tamén a maioría da poboación.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Destacado idealista británico de inspiración hegeliana, no campo da Lóxica (The Essentials of Logic, 1895), a súa orientación foi máis ben ética, Psychology of Moral Life (Psicoloxía da vida moral, 1897). Colaborou na London Ethical Society e na Charity Organization Society.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que resulta de observar a analoxía entre a definición de relutancia e a lei de Ohm: a forza magnetomotriz Fm dun circuíto magnético é Fm = Rm Φ, onde Rm é a relutancia e Φ o fluxo magnético de Fm.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Tragelaphus
-
PERSOEIRO
Pintor holandés. Baseándose na escola francesa de Barbizon e na tradición holandesa, contra o 1885 iniciou a escola da Haia, orixe do renacemento artístico holandés. Pintou paisaxes con reminiscencias románticas e, sobre todo, interiores de igrexas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Organista. Construíu tres órganos en Palma de Mallorca, o da Capela Real de Madrid e o da Catedral de Sevilla. Publicou Reglas para la construción de los órganos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Dende 1514 serviu nas cortes de Fernando o Católico e de Carlos V, facendo amizade con Garcilaso de la Vega. As súas obras publicáronse en 1543 xunto coas de Garcilaso de la Vega nun volume dividido en catro libros. O primeiro libro recolle composicións dentro das formas da poesía castelá do s XV; o segundo contén sonetos e cancións ao xeito italiano; o terceiro inclúe o poema clásico Hero y Leandro, unha elexía e dúas epístolas en tercetos, e un longo poema en oitavas reais; o cuarto reúne as obras de Garcilaso. Aínda que de xeito moi desigual, introduciu na Península Ibérica a métrica italiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista e médico. Foi practicamente o iniciador dos estudios herpetolóxicos na Península Ibérica, autor de Catalogue des reptiles et des anphibiens de la Péninsule Ibérique et des îles Baléares (Catálogo dos réptiles e dos anfibios da Península Ibérica e das Illes Balears, 1878). En 1879 visitou o sueste de Galicia e citou numerosas especies nunha publicación dese mesmo ano. Foi catedrático de Historia Natural na Universitat de València, onde reuniu un museo con máis de 43.000 mostras.
VER O DETALLE DO TERMO