Bos Aires

Bos Aires

Provincia da Arxentina, entre o esteiro do Río de la Plata e o río Colorado (307.571 km2; 13.333.670 h [estim 1995]). A capital é La Plata. Excepción feita da serra da Ventana e da serra do Tandil, o terreo é predominantemente chan. Os ríos principais son o Paraná e os seus afluentes, o Salado e o Colorado. O clima é temperado. A vexetación predominante é a propia da pampa. A economía da provincia baséase principalmente na agricultura (millo, trigo, liño) e na gandería (gando bovino, ovino, porcino e cabalar). A industria está situada principalmente nas cidades que forman a conurbación do Gran Bos Aires, ao NL, onde se concentra tamén a maioría da poboación.

Palabras veciñas

Borzov, Valerij | Bos | Bos Aires | Bos Aires | Bosanquet, Bernard | Bosanquet, lei de | bosbok*