"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Páramo. De orixe románica (s XII), reformouse en épocas posteriores. Ten nave única, capela maior de planta cuadrangular e unha sancristía pegada no N. A porta principal é de arco de medio punto con dúas arquivoltas baquetonadas e tímpano con dúas estrelas incisas. No muro S consérvase outra porta de arco de medio punto con dúas arquivoltas, a exterior baquetonada e erixida sobre columnas con fustes lisos e capiteis vexetais, e a interior de sección recta. No tímpano hai dous pequenos arcos cegos con motivos cruciformes incisos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor valón. Estudiou en Roma, onde coñeceu a ópera italiana. Instalado en París desde 1767, combinou o estilo italiano co francés en óperas cómicas. Da súa produción destacan as óperas Le Huron (1768), Zémire et Azor (1771) e Richard Coeur-de-lion (1784). Compuxo ademais cuartetos, sinfonías e obras sacras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de Santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo inglés. Formado na Oxford University, foi chanceler da mesma (1221), arquidiácono de Leicester e desde 1253 bispo de Lincoln. Considerado un dos fundadores da escola de Oxford e influído polas ideas de Platón e Aristóteles, colocou a luz no centro da súa metafísica e da súa epistemoloxía. Recoñeceu, ademais, a importancia da experimentación no establecemento das verdades científicas. Das súas obras detacan, De unica forma omnium, De generatione stellarum, De motu corporali et lue e De intelligentiis. Así mesmo, traduciu do grego e do latín a Teoloxía mística de Pseudodionisio e De fide ortodoxa de Damascio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro fundado en Guadalupe (Cáceres) onde, segundo a lenda, se apareceu a Virxe a un pastor. O primitivo santuario foi reformado por Afonso XI trala Batalla do Salado e en 1389 converteuse en mosteiro dos xerónimos. A igrexa vella é de estilo gótico mudéxar (s XV), a sancristía, o camarín e o retablo maior son do s XVIII e a igrexa nova é do s XVIII. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1879 e Patrimonio da Humanidade en 1983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ernesto Pérez Guerra.
-
PERSOEIRO
Revolucionario arxentino. Coñecido como Che Guevara, doutorouse en Medicina en Bos Aires (1953). En Guatemala apoiou o goberno do presidente Jacobo Arbenz, e en 1956 estableceuse en México, onde contactou con Fidel Castro e cos revolucionarios cubanos, cos que participou na operación Granma, que iniciou a loita guerrilleira contra as forzas de F. Batista. Tralo triunfo da Revolución Cubana (1959), asumiu a carteira de Industria (1961-1965) e marcou o posterior signo da economía do país. Realizou tamén o labor de embaixador visitando a URSS e China, entre outros países, e interveu nas conferencias de Punta del Este (1961) e Alxer (1963), nas que fixo un chamamento á solidariedade dos pobos do Terceiro Mundo para combater as forzas imperialistas. Incorporado á guerrilla boliviana, foi capturado e executado. En 1997 descubríronse os seus restos na fosa común de Vallegrande, que foron trasladados ao mausoleo da Plaza Ernesto Che Guevara na cidade cubana de Santa Clara. Escribiu Guerra...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Éster fosfórico da frutosa que intervén en distintas vías do metabolismo enerxético dos organismos como a glicólise ou a gliconeoxénese.
-
PERSOEIRO
Xeneral. Amigo de Alexandre o Grande, participou na conquista de Asia e foi xefe da súa garda persoal. Trala súa morte, Alexandre ordenou a construción dunha sepultura fastuosa en Babilonia e que se lle rendese culto como heroe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deus do lume, fillo de Zeus e Hera. Era tamén o deus dos metais e forxaba armas e máquinas para os deuses e os heroes. No grupo dos grandes deuses olímpicos, é o señor do elemento ígneo, amais dos metais e da metalurxia. Reina sobre os volcáns e traballa nos talleres xunto aos cíclopes. A petición de Tetis, forxou as armas de Aquiles e tamén moldeu con barro o corpo de Pandora. A Ilíada dá dúas versións que explican a súa coxeira, producida cando foi expulsado do Olimpo por Zeus ou pola súa nai. Malia as súas eivas físicas, tivo mulleres tan belas, coma Cárite ou Afrodita. Entre os fillos que a tradición lle atribúe figuran o argonauta Palemón e o escultor Árdalo. Identifícase co deus romano Vulcano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aeródromo para voos non regulares de helicópteros.
-
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Integrado na “Xeración perdida”, baséase en experiencias persoais e usa a guerra como fondo dramático das súas obras, escritas nun estilo de conversa con frases curtas. Froito da Primeira Guerra Mundial, escribiu A Farewell to Arms (1929). Despois foi correspondente de prensa na Guerra Civil Española, da que, despois de reportaxes, xurdiu a novela For Whom the Bell Tolls (1940). Outras novelas súas son Death in the Afternoon (1932), The Fifth Column (1938), Across the River and into the Trees (1950) e a coñecida The Old Man and the Sea (1952), pola que lle foi concedido o premio Pulitzer. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1954.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e investigador. Inspector de educación, director da colección “Narrativa de Onte” da Editorial Galaxia e asesor de Literatura da Enciclopedia Galega Universal (EGU). Estudiou maxisterio en Ourense e Filoloxía Románica nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo. Membro destacado do Círculo Ourensán-Vigués, exerceu como director literario de Ir Indo Edicións. Colaborou en diversas publicacións, como Boletín galego de literatura, Dorna, Faro de Vigo e Grial. Coñecedor e estudoso da obra de Rosalía de Castro, Castelao, Celso Emilio Ferreiro e da narrativa do Rexurdimento, publicou diversos artigos especializados e os libros Castelao e Os dous de sempre (1980) e Castelao para nenos (1988). Reflectiu as súas investigacións no campo da prensa periódica en As revistas literarias en Galicia na Segunda República (1987). Participou nos proxectos de Lingua Galega 6 (1981) e Lingua Galega 8 (1984) para SM Ediciones....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Dodro. A súa planta orixinal era rectangular. A fachada principal presenta nos laterais dúas torres de planta cuadrangular con cuberta a catro augas. Na cara posterior os engadidos á planta orixinal conformaron un corpo en forma de L. Conserva un escudo do s XVIII con armas dos Luaces, Mosquera, Bermúdez e outros. A súa historia está relacionada con Rosalía de Castro, que pasaba longas tempadas nel, pois o pazo pertencía aos seus tíos. En 1930 celebrouse alí a reunión que deu lugar ao Pacto de Lestrove, polo que se fundou a Federación Republicana Gallega. Declarárono Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos, da familia dos herpestidos, ao que pertence a mangosta común.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade grega do fogar, filla de Cronos e Rea. Nun principio formaba parte dos doce deuses principais do panteón grego, posteriormente cedeulle a cadeira a Dióniso. Zeus concedeulle permanecer eternamente virxe no Olimpo, por iso foi cortexada por Apolo e Posidón, en balde. Rendíaselle culto en todas as casas e nos distintos templos. Entre os romanos foi venerada co nome de Vesta.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico estadounidense. Especialista en personaxes históricos e de acción, destacou nos filmes The Ten Commandments (1956), El Cid (1961), Karthoum (1966), Planet of the Apes (1967), The Prince and the Pauper (1977), Treasure Island (1989), Almost an Angel (1990), ou In the Mouth of Madness (1995). En 1960 obtivo un Oscar por Ben Hur (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Impresionado por un atraco, comezou a escribir literatura de protesta contra o racismo. En París (1954) escribiu narracións policiais ambientadas en guetos negros e creou os detectives negros Coffin Ed Johnson e Grave Digger Jones. Destaca a súa autobiografía The Primitive (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Exceso de colesterol no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao corpo sometido a un sistema de forzas do que non pode determinar o diagrama de equilibrio polos sistemas da estática racional, posto que o número de incógnitas é superior ao de ecuacións.