"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

    1. Acción e efecto de purgar ou de purgarse.

    2. Expiación das culpas veniais e dos pecados temporais, sobre todo no purgatorio.

    3. Acto solemne da Idade Media co que unha persoa acusada publicamente podía purgar a infamia, é dicir, desculparse de todos os efectos xurídicos, poñendo a Deus por testemuña da propia inocencia. A Igrexa recoñecía para un eclesiástico a purgación canónica. Non recoñecía as ordalías.

      1. Evacuación de pus, de humores naturais ou patolóxicos, debido ao efecto dunha substancia purgante.

      2. blenorraxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Billa, válvula, chave de paso ou dispositivo automático que permite purgar un fluído dunha condución, dunha caldeira ou do inxector dun motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para purgar ou permite realizar unha purga.

    2. Que limpa o intestino de substancias prexudiciais.

    3. Medicamento que ten efecto purgante a causa do principio activo que contén. Clasifícanse en purgantes salinos, que actúan dificultando a absorción; purgantes con acción excitante da mobilidade do intestino delgado (aceites, resinas); purgantes con acción excitante sobre a mobilidade do intestino groso (derivados do antraceno, ácidos biliares); purgantes que actúan para lubricación da parede intestinal (o aceite de parafina); e purgantes antraquinónicos (áloe ou ameneiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver algo puro ou limpo quitando aquilo que non lle convén.

    2. Administrar un purgante.

    3. Evacuar ou extraer o fluído que pode dificultar o funcionamento dunha máquina ou dun dispositivo, especialmente a auga acumulada pola condensación nas máquinas ou nas conducións polas que circulan gases húmidos ou vapor de auga, o aire acumulado nos puntos altos dos radiadores de calefacción e conducións de auga quente ou o que dificulta a circulación do aire nalgunhas conducións e máquinas antes de poñelas en funcionamento.

    4. Expiar, padecer ou sufrir unha pena ou castigo.

      1. Borrar os indicios, as sospeitas e os cargos que hai en contra dunha persoa.

      2. Cumprir a pena privativa de liberdade imposta xuridicamente a un reo.

    5. Tomar un purgante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a virtude de purgar.

    2. Aplícase á acción producida pola administración dun purgante ou dun laxante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar ou estado de expiación temporal, segundo a teoloxía católica, en que as ánimas dos xustos, mortos en estado de graza, pero non ben limpas aínda das culpas veniais ou das penas por culpas mortais xa perdoadas, se purgan antes de ser admitidas definitivamente no ceo. Xunto co ceo e o inferno, é un dos reinos da ultratumba católica. As ánimas que alí se atopan poden ser axudadas polas pregarias dos fieis e especialmente polo sacrificio da misa. Tertuliano, Oríxenes, Cebrián, Lactancio, Ambrosio, Gregorio de Nisa, Agustín e Gregorio I o Magno sostiveron a existencia do purgatorio, pero a súa doutrina non recibiu a formulación dogmática ata o Concilio de Trento. Os reformadores protestantes, sobre todo Calvino e Zwingli, proscribiron a crenza no purgatorio.

    2. Taboado, moi espectacular e monumental, que se montaba en moitas igrexas parroquiais durante o novenario das ánimas que se celebra ao comezar novembro, con sermóns, cantos penitenciais e absolventes, na Confraría das Ánimas do Purgatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Pertenceu aos círculos literarios liberais que tiveron un papel destacado na política literaria e lingüística da época. Algúns poemas destes anos motivaron o seu exilio ao S, onde compuxo as súas poesías románticas máis destacadas. A partir de 1824 comezou a adquirir importancia a súa evolución cara a un certo realismo, tal e como aparece reflectido na traxedia Boris Godunov (1824-1825), editada en 1930, e o poema Jevgenij Onegin (1825-1832). Nos seus derradeiros anos interesouse pola historia do seu país e a prosa, que plasmou en Poltava (1829), Mednyj vsadnik (O cabaleiro de bronce, 1833), editado en 1837, Kapitanskaja dočka (A filla do capitán, 1836), Povesti pokojnogo Ivana Petroviča Belkina (Os relatos de Belkin, 1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Kerkenna Arquipélago da costa de Tunisia, fronte a Sfax, formado polas illas de Rharbi, Chergui, Kerkenna e un grupo de illotes. Conquistadas polos cataláns en 1286 foron sempre gobernadas conxuntamente coa illa de Gerba. En 1335 foron reconquistadas polos tunisianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heterotrofia dos organismos que sintetizan o seu material celular por redución de materia orgánica que procede do medio, mediante electróns e enerxía, obtidos da oxidación da materia orgánica do medio, e sen ningún tipo de intervención directa da luz solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que presenta quimioorganotrofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo. Doutor en Filosofía e catedrático emérito da Universidad Complutense de Madrid, foi vicerreitor da mesma, director do Instituto de Filosofía Luis Vives e primeiro reitor da Universidade San Pablo CEU. Publicou Verdad, conocimiento y ser (1965), Guillermo de Ockham y la filosofía del siglo XIV (1966), Hume y el fenomenismo moderno (1974), Método y pensamiento en la modernidad (1981), La razón y lo irracional (1994) e Teoría del conocimiento (1998). Recibiu a medalla de ouro da Universidad Complutense de Madrid e a Encomienda de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. É autor dos poemarios Paixom e morte dum condenado (1984), Poemas da luz e da loucura (1992) e O tempo demorado nos marmelos (2000). Como narrador publicou Epistolário em catro tempos (1985), As Weissleiver (1987), A fariña das horas (1998) e Ollos negros (2004). Como dramaturgo é autor de A noite das noites (1985, Premio de Teatro Breve da EDG, estreada en 1988), Maternidade (1992), Do goberno bipartito á autovía funeral (estreada en 1992), Amlet, voz e verbo (1999), Mumias no país de Luzetro (2000), Monólogo do fillo triste (2002), O vento da morte (2004) e O miradoiro (2005). Como ensaísta publicou edicións de O marinheiro de F. Pessoa (1985), do Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1989) e La primera luz (2000), e os libros Textos e contextos do teatro galego (1994), Rafael Dieste: a franqueza e o mistério (1995), A Coruña na historia (1999), Manuel Murguía (1999), Manuel Martínez Murguía (1999), Manuel Murguía e Arteixo (2000), Jenaro Marinhas del Valle,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Illa (Entrimo). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, publicista e revolucionario búlgaro. Escribiu o primeiro poema revolucionario da literatura búlgara, Gorski p’tnik (O camiñante dos bosques, 1857), poema épico moi popular e de gran repercusión na literatura búlgara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo noruegués. Doutorado na Universidade de Oslo (1946), foi director das investigacións levadas a cabo en Groenlandia (1947-1951). As súas achegas foron de gran valor no campo da xeoloxía estrutural. Escribiu Origin of Metamorphic and Metasomatic Rocks (1952) e Gravity, Deformation and Earth’s Crust (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Gauteng, República Sudafricana, situada ao S de Johannesburgo, da que constitúe un núcleo residencial (137.388 h [1985]). É unha cidade independente desde 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder relixioso alemán. En 1803 emigrou a EE UU onde, tomando como modelo a primitiva sociedade apostólica, fundou xunto cos seus seguidores a colonia New Harmony (1810). Posteriormente fundou New Economy que tamén prosperou. Os seus adeptos desapareceron a comenzos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (921-923) e rei de Francia (923-936). Casou cunha filla de Roberto I de Francia, a quen sucedeu tras a súa morte. En 930 derrotou aos normandos, o que lle permitiu impoñerse á nobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Realizou a súa primeira exposición en 1951, e desde 1955 colaborou como decorador e deseñador da compañía de danza de Merce Cunningham. Evolucionou desde unhas primeiras obras vinculadas ao expresionismo abstracto cara ás combine paintings, en que incorporou a vida real mediante a colaxe fotográfica. A súa obra anticipou a pop-art.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo condado alemán que abarcaba aproximadamente os territorios dos actuais Bielefeld, Herford e Halle, en Westfalia. En 1346 pasou dos condes homónimos aos de Jülich, e en 1666, ao elector de Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO