"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Actor. Comezou a súa traxectoria co grupo Itaca Teatro, co que realizou espectáculos como Historia do Zoo (1981) ou Eclipse Total (1984). Na pantalla grande participou nos filmes Las cartas de Alou (1990), Matías, juez de línea (1996) e La vida que te espera (2004); e dentro do ámbito televisivo, a súa experiencia abrangue producións como Pratos combinados, A familia Pita e Hospital Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Chacín (Mazaricos). Ten planta cadrada e dous pisos. Construída en pedra e cachotaría, destaca a escaleira de pedra cara ao primerio andar e un balcón sostido por lousas de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, pai de Isidoro Millán Mariño. Foi deputado provincial e vogal do Padroado do Museo de Pontevedra. Fundou o xornal La Opinión e foi director de La Correspondencia Gallega (1899-1901). Da súa produción destacan Notas históricas sobre varones ilustres de Pontevedra (1920) e Una excursión al monasterio de Poyo (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Colaboradora de diversas publicacións, como ABC, Blanco y Negro e El Sol, foi directora do Teatro Muñoz Seca de Madrid (1932-1933) e autora de numerosas obras de teatro popular. Publicou a novela curta La Hermana Teresa (Premio Blanco y Negro, 1919), a colección de contos Todo amor (1920), a obra teatral Al rugir el león (1923) e o poemario Cautivas. 32 meses en las prisiones rojas (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Despois de estudar a organización da lexión estranxeira francesa en Alxeria, fundou o Tercio de Extranjeros ou Legión Española en 1920, en que obtivo o grao de tenente coronel. En 1932 ascendeu a xeneral, e en 1936 uniuse ao Levantamento Nacional e foi un dos máis estreitos colaboradores do xeneral Franco. Ocupou a xefatura do gabinete de Prensa e Propaganda e, ao rematar a Guerra Civil Española, foi xefe do Cuerpo de Mutilados. Da súa produción, ademais de numerosos artigos, destacan La Legión extranjera en Argelia y el Tercio de extranjeros español (1920), La Legión (1923) e Franco, el Caudillo (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Abelenda (Avión). O seu cumio acada os 1.055 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de mil unidades.

    2. Algarismo que indica esta cantidade (1.000). OBS:  Aínda que millar e milleiro son sinónimos, se se describen cifras só se pode usar millar.

    3. Medida que se emprega na venda de peixe e que varía segundo as zonas.

    4. Cantidade grande e indeterminada de algo. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista estadounidense. Coñecido como Ross Mac Donald, foi un dos máis destacados representantes da novela negra, entendida tamén como denuncia contra a degradación da sociedade americana. Desenvolveu a técnica narrativa do private eye, en que presentaba os feitos a través do detective Lew Archer. Da súa produción destacan Trouble Follows me (1946), Three Roads (1948),   Experience with Evil (1953) e The Good-bye Look (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa formada polos ovos ou óvulos dalgúns peixes. OBS: Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade moi grande de millo.

    2. Millo que se emprega para dar de comer ao gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de san Amedio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Louredo e Freán (O Saviñao). O seu cumio acada os 521 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á vaca parideira.

    2. Terreo onde se sementa o millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é novo, espelido e lle gusta a festa.

    2. Ave migratoria que vive nos milleirais e come millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda de prata cuñada por Diocleciano, Constantino o Grande e Heraclio. Converteuse na moeda de prata bizantina e desapareceu no s XI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleógrafo, historiador, latinista e bibliógrafo. A súa obra destacou polos estudos sobre diplomacia castelá, historia de Madrid, Canarias e América e tamén polos traballos sobre paleografía visigótica e hispano-americana. Escribiu Tratado de paleografía española (1929 e 1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Comezou cultivando a pintura tradicional e evolucionou cara ao surrealismo a partir de 1948, influído por J. Torres García e J. Miró. Foi un dos fundadores do grupo El Paso e difundiu a arte moderna na súa comunidade de orixe. Realizou obras con imaxes abstractas en branco e negro ou negro e vermello. Pintou Animal de fondo (1963) e Antropofauna (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica da Idade de Bronce ibérica (2500-1900 a C) que se desenvolveu en Santa Fe de Mondújar (Almería). Dos poboados destaca o xacemento de Los Millares, un dos máis representativos do megalitismo da Península Ibérica; está protexido por tres murallas datadas cara ao 2340 a C, e contén unha gran necrópole con máis de 100 tumbas. ; Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Avión, no concello homónimo. O seu cumio acada os 601 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Santa Comba de Orizón (Castro de Rei). O seu cumio acada os 631 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO