Millán-Astray Terreros, Xosé
Millán-Astray Terreros, Xosé
Militar. Despois de estudar a organización da lexión estranxeira francesa en Alxeria, fundou o Tercio de Extranjeros ou Legión Española en 1920, en que obtivo o grao de tenente coronel. En 1932 ascendeu a xeneral, e en 1936 uniuse ao Levantamento Nacional e foi un dos máis estreitos colaboradores do xeneral Franco. Ocupou a xefatura do gabinete de Prensa e Propaganda e, ao rematar a Guerra Civil Española, foi xefe do Cuerpo de Mutilados. Da súa produción, ademais de numerosos artigos, destacan La Legión extranjera en Argelia y el Tercio de extranjeros español (1920), La Legión (1923) e Franco, el Caudillo (1939).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Madrid