"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Militar e político, fillo de José Ezpeleta Veira de Galdeano. Foi capitán xeneral de Catalunya (1883), gobernador de Cuba (1838-1840), senador e ministro de Mariña (1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeólogo. Paxe na corte de Carlos IV, en 1810 exiliouse en Francia xunto co secretario de Xosé I Bonaparte. Entre 1826 e 1827 dirixiu a fábrica de cristais de Aranjuez e en 1828 levantou o plano das minas de Riotinto. Comisionado en 1830 por Fausto Elhuyar, pasou cinco anos na escola de minas de Freiberg. Destacado paleontólogo, traduciu e ampliou Elementos de Geología (1847), de Charles Lyell, co que representou en España a posición máis estrita das concepcións actualistas, e escribiu Ensayo de una descripción general de la estrutura geológica del terreno de España en la península (1850-1857), onde realizou o primeiro catálogo de fósiles de España composto por máis de catrocentas especies. Foi membro fundador da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Licenciada en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade de Vigo (1993-1998), cursou estudios de historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela. A súa obra parte da concepción da fisura e da liña como creadoras do espacio, coas figuras que nel se localizan, e do tempo. Entre as mostras colectivas nas que participou cómpre destacar a Mostra de Gravado Encre et bullets (Liexa, 1996), Visións de Futuro (Vigo, 1997), Novos Valores da Bienal de Pontevedra 1998, I Certame Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, 2001) e Mulleres: entre os soños e a maxia (Pontevedra, 2002). Realizou exposicións individuais en Pontevedra e Santiago de Compostela. Entre outros galardóns recibiu a bolsa da Deputación de Pontevedra Novos Valores (1999) e o premio e a adquisición da obra na V Bienal Pintor Laxeiro (2001). A súa obra está presente, entre outras coleccións no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín e na Deputación de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano, fillo de Fabio Máximo Verrugoso. Participou na Batalla de Cannas como tribuno. Elixido cónsul no 213 a C, recuperou Arpi das mans de Aníbal. No 203 a C foi nomeado augur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xeneral romano. Foi cónsul no 322 a C durante a Guerra Samnita, na que conseguiu unha importante vitoria. Ditador no 315 a C, durante o seu segundo consulado (310 a C) derrotou os tarquinios e os etruscos co apoio dos umbros. Exerceu de novo o consulado (308 a C) e preocupouse pola restauración das tradicións sociais da antiga Roma (304 a C). No seu derradeiro consulado (295 a C) derrotou en Sentinum os samnitas, os etruscos e os galos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Cónsul no 142 a C, enfrontouse con Viriato durante o seu proconsulado e foi derrotado na Lusitania (140 a C). Tivo que aceptar as condicións de paz impostas por Viriato e recoñeceu a súa independencia e os límites do seu territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Coñecido como Cunctator, durante o seu primeiro consulado (233 a C) venceu os ligures. Volveu ao consulado no 226 a C. Durante a Segunda Guerra Púnica, foi nomeado ditador despois da derrota en Trasimeno (217 a C) e comezou unha campaña de desgaste contra os cartaxineses. Cónsul de novo no 215 a C e no 214 a C, enfrontouse cos cartaxineses, reconquistou Tarento e castigou o apoio dos seus habitantes aos cartaxineses. Despois do seu quinto consulado (209 a C) opúxose ao proxecto de Escipión Africano de atacar as bases de Aníbal en África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e historiador romano. Combateu contra os galos (225 a C) e participou na Segunda Guerra Púnica. Despois da derrota de Cannas, o Senado enviouno a Delfos (216 a C). Escribiu en prosa a primeira historia de Roma, Anales (205 a C), que comprendía dende a fundación da cidade (747 a C) ata o comezo da Segunda Guerra Púnica. Foi publicada inicialmente en grego e logo traducida ao latín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cóengo que ten ao seu cargo a administración da fábrica dunha igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Castela, fillo de Fernando III e Leonor de Suabia. Trasladouse en 1240 aos territorios de Suabia e despois participou xunto ao seu irmán Enrique o Senador e Conrado V no fallido intento de recuperar Sicilia. Trala súa volta a Castela, foi executado por orde de Afonso X o Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre castelán, fillo ilexítimo de Afonso XI e Leonor de Guzmán. Señor de Haro e mestre de Santiago, fundador da liñaxe dos Enríquez, participou en 1354 na rebelión da nobreza contra Pedro I o Cruel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre aragonés, fillo ilexítimo do rei de Sicilia Martiño I o Novo. Conde de Luna, educado xunto ao seu avó, o rei aragonés Martiño I o Humano, foi un dos candidatos no Compromiso de Caspe. Trala elección de Fernando de Castela, enfrontouse aos Trastámara polo que se expatriou en Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Industrial. Fundou en Vigo a Sociedade Anónima La Artística (1906). Membro da corporación municipal con Gregorio Espino en 1923, foi tenente de alcalde. Presidiu a Asociación Metalgráfica Española e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación (1930-1947). Foi conselleiro de FENOSA e do Banco de Vigo e, en 1938, membro do Consejo Nacional de Crédito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Dirixiu, entre outras obras, a decoración das salas do pazo do arcebispo Alonso III de Fonseca, que realizou Francisco López (1520), e proxectou a reforma da fachada do Obradoiro da catedral compostelá que realizou M. de Blas (1520). Atribúenselle as táboas do Lavatorio e da Oración na horta da capela de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo xudeu. De orixe española, das súas obras destacan a compilación relixioso satírica do Séfer   ha-měbaqqeš (Libro do escudriñador da verdade), Séfer ha-Nefes (Libro da alma) e Iggéret ha-musar (Epístola moral).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa pequena de tea do traxe tradicional feminino que se empregaba para gardar os cartos ou pequenas cousas. Levábase cinguida ao van por debaixo das saias ou por fóra. Cando ía no exterior elaborábase con teas máis delicadas e estaba decorada con encaixes e bordados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desbastar o tronco dunha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi autor dos palacios da Exposición Universal de Barcelona de 1888. A súa obra evolucionou dende o emprego do ferro e a madeira á vista ao modernismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • faldriqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO