Fabio Máximo Verrugoso, Quinto
Fabio Máximo Verrugoso, Quinto
Xeneral e político romano. Coñecido como Cunctator, durante o seu primeiro consulado (233 a C) venceu os ligures. Volveu ao consulado no 226 a C. Durante a Segunda Guerra Púnica, foi nomeado ditador despois da derrota en Trasimeno (217 a C) e comezou unha campaña de desgaste contra os cartaxineses. Cónsul de novo no 215 a C e no 214 a C, enfrontouse cos cartaxineses, reconquistou Tarento e castigou o apoio dos seus habitantes aos cartaxineses. Despois do seu quinto consulado (209 a C) opúxose ao proxecto de Escipión Africano de atacar as bases de Aníbal en África.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : a C -
Deceso