"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Foi comendador da orde de Santiago e protexido de Afonso V. Das cincuenta composicións do seu cancioneiro, a maioría de contido amoroso e de carácter alegórico, destaca a elexía Coplas a la muerte de su padre, composición vinculada á tradición medieval dos prantos e da danza da morte, e ennobrecida non só pola grandeza da vida, senón tamén pola morte macabra a unha idade temperá. Caracterizouse polo valor e a orixinalidade no ton exhortativo, na expresión efusiva e serena, e no don da evocación de todo un mundo pasado e inaprehensible. Na composición aparecen os conceptos do poder igualatorio da morte, que aparece personificada, e o da fama, plasmada na figura do pai do poeta, Rodrigo Manrique, un concepto renacentista que sinala a importancia dunha vida digna; ambos os dous temas tiveron unha gran vitalidade na literatura posterior. Outras composicións menores do autor son “Castillo de amor” ou “Escala de amor”, onde destaca a alegría erótica e a descrición directa da paixón,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Sarthe, Francia, situada na confluencia do río Sarthe co Huisne (146.105 h [1999]). A construción do ferrocarril converteuna nun núcleo industrial moi destacado especializado en material ferroviario, maquinaria agrícola, manufactura de tabaco e industria alimentaria, química e electrónica. Anualmente celébrase a carreira automobilística coñecida como as 24 h de Le Mans. Foi a antiga capital da rexión histórica e Ducado de Maine. A súa catedral conta cuns famosos vitrais dos ss XII, XIII e XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de cuberta con vertentes rotas como consecuencia da intersección de planos inferiores, moi inclinados, con outros superiores, de pouca inclinación, para conseguir maior espazo no interior e aproveitalo para vivenda.

    2. Piso situado baixo este tipo de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Comezou a súa carreira cun estilo de influencia italiana, pero continuou cun estilo puramente clásico francés, do que foi un dos iniciadores. En París realizou obras como o Hôtel de la Vrillière (1635-1645), a escaleira central do Hôtel Carnavalet (1654), o Hôtel Tubeuf, o Hôtel Fieubert e a cúpula do oratorio da igrexa de Val-de Grâce, rematada por J. Lemercier. Fóra de París, proxectou a á Orléans do castelo de Blois (1635-1638) e o castelo de Maisons. Atribúeselle a invención das mansardas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jules Hardouin-Mansart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade e estado de manso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é moi manso e suave.

    2. Que vai de vagar, pouco a pouco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán, fillo natural de Peter Ernst von Mansfeld (? 1517 - Luxemburgo 1604), militar que serviu a Filipe II nas guerras de Flandres. Ao serlle negada a herdanza paterna, pasou ao servizo dos príncipes protestantes (1610). Foi un dos militares máis distinguidos da Guerra dos Trinta Anos, con varias vitorias, ata que foi derrotado por Wallenstein en Dessau (1626).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada en Nottinghamshire, Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Maun (58.949 h [1981]). É o centro da rexión carbonífera de Nottingham e posúe industrias de electrónica, mecánicas e téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora neozelandesa. Coñecida como Katherine Mansfield, deuse a coñecer no grupo de Bloomsbury. Comezou publicando os seus relatos nas revistas Rythm e The Blue Review, e revelouse como unha escritora de estilo moi persoal e sensible, influída por Čekhov, no libro In a German Pension (1911). Escribiu, tamén, Bliss, and Other Stories (1920), The Garden Party, and Other Stories (1922), Poems (1923) e Something Childish, and Other Stories (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kathleen Mansfield Beauchamp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico británico. Dedicouse ao desenvolvemento de gradientes no campo magnético para poder mellorar a precisión da resonancia magnética, demostrando que os sinais podían analizarse matematicamente e transformarse en imaxes. Escribiu numerosos artigos, como “Controlled E-field gradient coils” (2003) e “Optimized gradient pulse for use with EPI employing active acoustic control” (2003). En 2003 recibiu, xunto con P. Lanterbur, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polos seus avances na resonancia magnética, que melloran o diagnóstico e tratamento de enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político neerlandés. Foi ministro de Agricultura (1945-1958) e negociou con Bélxica e Luxemburgo a constitución do Benelux. Foi vicepresidente da comisión executiva da CEE (1958-1967) e presidiu a Comisión Europea (1972-1973). Elaborou o Plan Mansholt (1968), no que propoñía a modernización da agricultura europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo partido: primeira partición, de goles, cun florete de prata coa gornición de ouro, fixado; segunda partición, de sinople, cunha cabeza de mouro, cortada e tocada cun turbante de prata; bordo de azul, cargado de oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado no páramo leonés, ao SL da capital provincial e drenado polo río Esla (1.754 h [2001]). A súa economía céntrase na agricultura e nas industrias alimentarias. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, e do seu patrimonio cultural destacan as murallas medievais, o convento de San Agustín e o mosteiro de San Miguel de la Escalada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Banco de sardiñas.

    2. Lugar da corrente dun río onde queda parada a auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción de época romana colocada a intervalos máis ou menos regulares nas calzadas ou vías para servir de repouso e facilitar os relevos dos cabalos, correos, etc. Habitualmente marcaban a fin dunha etapa e poden ser a orixe dunha vila ou cidade.

    2. Casa moi grande e luxosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao eclesiástico que vivía en comunidade dentro do claustro.

    2. Funcionario militar romano encargado de preparar o aloxamento da tropa durante as campañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto da vivenda e das terras que o campesiño cultivaba na época do feudalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO