Mansfeld, Ernst von
Mansfeld, Ernst von
Militar alemán, fillo natural de Peter Ernst von Mansfeld (? 1517 - Luxemburgo 1604), militar que serviu a Filipe II nas guerras de Flandres. Ao serlle negada a herdanza paterna, pasou ao servizo dos príncipes protestantes (1610). Foi un dos militares máis distinguidos da Guerra dos Trinta Anos, con varias vitorias, ata que foi derrotado por Wallenstein en Dessau (1626).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Luxemburgo -
Deceso
Lugar : Rakovica, Serbia e Montenegro