"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
-
-
Operación que consiste en introducir un trocar, unha agulla ou un bisturí nunha parte ou nunha cavidade do corpo, para dar saída a un líquido normal ou patolóxico.
-
punción esternal
Punción que se practica no esterno para conseguir medula ósea.
-
punción exploradora
Punción que ten por obxecto obter un líquido para precisar un diagnóstico.
-
punción lumbar
Punción que se realiza na rexión lumbar co fin de extraer líquido cefalorraquídeo (para examinalo ou para diminuír a presión), ou para inxectar substancias no espazo subaracnoidal con finalidade diagnóstica, terapéutica ou anestésica.
-
punción suboccipital
Punción que se practica na cisterna posterior, pasando a agulla entre o occipital e o atlas, co fin de extraer líquido cefalorraquídeo.
-
-
Ferida feita cun obxecto punzante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción indecente, desleal ou falta de moral, que causa algún prexuízo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pavuxada.
-
-
Relativo ou pertencente aos qadaritas.
-
Membro dunha escola teolóxica islámica que se orixinou en Basora nos primeiros tempos do Islam. Non aceptan a predestinación e afirman que o home ten libre albedrío sobre os seus actos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de quedar ou quedarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida alcohólica tradicional galega que se elabora nun recipiente de barro queimando augardente, con azucre, uns grans de café e unha codia de limón. O sabor e a forza do licor dependerán das características dos ingredientes básicos e do tempo de duración do proceso de queimado, xa que a combustión pode interromperse segundo se desexe. En ocasións, pódese preparar xarope de azucre queimado, que lle proporciona un peculiar sabor e cor. Adoitaba realizarse no ámbito rural como remate dos xantares relacionados co magosto, a matanza, o nadal ou o entroido así como en reunións festivas ou calquera tipo de celebración. Pénsase que ten unha orixe medieval, inserida entre os variados ritos ao redor do lume, que se mantivo refuxiada no mundo rural cun valor fundamentalmente terapéutico, pasando a mediados do s XX a tomar unha dimensión folclórica e lúdica rodeada de connotacións purificadoras ou místicas coa recitación de conxuros específicos para a ocasión,...
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Hedroso (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.270 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Figueiroá (Paderne de Allariz). O seu cumio acada os 642 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Óso que forma a parte inferior da mandíbula.
-
Rexión da meixela correspondente ás mandíbulas.
-
2 queixo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pastel feito a base de queixo, leite, ovos, azucre e fariña de trigo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado nos contrafortes da serra de Cazorla (6.006 h [2001]). A economía céntrase na agricultura, a gandaría e as industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando Quesada Porto.
-
GALICIA
Pintor, fillo de Xaime Quessada e María Jesús Blanco Piñeiro. A súa pintura, próxima ao expresionismo abstracto, empregou un colorido exultante de tonalidades intensas e agresivas que o aproximou ao informalismo. Os seus espazos, imaxinarios e practicamente virtuais, reflicten unha atmosfera apocalíptica que consegue co emprego de patróns perforados, que permiten a superposición de cores. Os seus acabados son case industriais, xa que emprega lacas e cores metalizadas. Da súa obra destaca Blade Runner II (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escuela de Artes Aplicadas de Granada, na École Grand Chaumiére de París e na Academia Artium de Madrid. Foi director do obradoiro de pintura da Fundación Villabrille de Cedeira (1985-1989). Nas súas obras está presente a paisaxe (rural, urbana e mariña), xunto coa figuración. Destacan El Muro, Teixido, Ría Ferrol-Chinero, El barquero e Vendedora de lunas (2001). Cultivou tamén a escultura e realizou La espera (1996) para o paseo marítimo de Lira (Carnota).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora, filla de Fernando Quesada Porto e Ana Legido Soto. Coñecida como Marieta Quesada, estudou Belas Artes en Sevilla e ampliou a súa formación cunha bolsa de paisaxe en El Paular (Segovia). Desde a figuración foi afondando na abstracción nunhas obras onde busca suxerir o contraste entre o material e o espiritual da realidade, polo que se sitúa entre o realismo e a maxia do surrealismo. Nas súas paisaxes destaca o tratamento da paisaxe onde, tras unha análise parcial do mesmo feita a través de distintas capas de veladuras, acada unha visión totalizadora. Realizou tamén bodegóns, retratos e murais, como o encargado polo concello de París para a fachada dun edificio do canal de San Martiño (1993). Das súas obras destacan La reina y su reino (1986), Autorretrato (1991), Tras el Cristo (1998), La Campiña, Invierno azul (2001), Desaliento (2003), Tormenta (2003) e Descendimiento (2004). Acadou unha ampla proxección...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Destinado como funcionario de Facenda en Zamora (1953), nesta cidade comezou a súa carreira como pintor e a súa loita polas liberdades políticas. Durante a súa estancia formou parte da Asociación Zamorana de Bellas Artes e presentouse coa obra Enreixados á Exposición Nacional de Bellas Artes. A comezos da década de 1960 instalouse definitivamente en Vigo. Seguiu mantendo contacto coa súa cidade natal e formou parte dos Artistiñas que se reunían nunha taberna que foi coñecida como O Volter. Con eles realizou viaxes aos países nórdicos e a París, onde difundiu a súa obra. Relacionouse tamén con R. Otero Pedrayo e E. Blanco Amor. En Vigo, participou na Xunta Democrática e nas folgas obreiras e, coa chegada da democracia, abandonou a actividade política. Foi un dos fundadores do Ateneo de Vigo, asesor artístico de Caixanova e membro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, gravador, debuxante, caricaturista e ilustrador. Publicou caricaturas en distintos xornais, como La Voz de Galicia, onde tivo unha sección fixa, e La Región, con temas de Ourense antigo, ademais de revistas como Leer. Cultivou a pintura ao óleo, esencialmente abstracta ou surrealista, e o retrato. Participou en diversas mostras colectivas, realizou tamén gravados e augafortes, pergameos para organizacións oficiais e ilustracións para libros, como Viaxe ao país dos contos e da poesía (1985), de Pura e Dora Vázquez; Oráculos para Cavalinhos-do-demo (1986), de Manuel María; e La obra narrativa de Vicente Risco (1987), de Antón Risco. Director da obra social de Caixa Ourense, foi o creador da Bienal Internacional de Gravado Julio Prieto Nespereira. A segunda edición da Bienal da Caricatura (1994) dedicoulle unha mostra antolóxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e caricaturista. Coñecido como Quesada, traballou como inspector xefe do servizo de vixilancia fiscal do Ministerio de Economía e Facenda de Vigo. Dedicouse principalmente ao caricaturismo político, comezando na revista Club Deportivo Orense, de cuxo equipo formou parte durante varios anos. Desde entón colaborou en xornais como Faro de Vigo (desde 1961), Arriba ou Pueblo, e en revistas como La Codorniz, La Actualidad Española, Cambio 16, Blanco y Negro ou Interviú. Como pintor cultivou o expresionismo, reflectindo sempre na súa obra a visión irónica da vida. Das súas obras destacan Máscara y viejo (1986), Tres figuras (1986), Dama en verde (1991), Caserío (1992) e La casa de la Ville (1998). Publicou os libros de humor Xente a esgalla (1981) e Quesadas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e empresario. Formado na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, traballou en La Región (1956) e Garbo (1958), e logo instalouse en Madrid, onde cofundou as axencias Radial Press (1962) e Delfos (1968), xunto con Alfonso S. Palomares. Director de Cambio 16 (1971), Ciudadano (1974-1978 e 1986-87), Posible (1974) ou Interviu (1979-1982), de novo con Palomares fundou (1985) e dirixiu (1986-1996) a revista Leer. En 1993 fundou Turismo y Aventura, que tamén dirixiu.
VER O DETALLE DO TERMO