"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Participou no movemento da filosofía do espírito e o seu pensamento filosófico, que se iniciou a carón do idealismo, caracterizouse despois pola oposición máis rotunda a todo sistema. Das súas obras destacan Existence et Objectivité (1925), Journal métaphysique (1927), Être et Avoir (1935), Le Mystère de l’Être (1951), L’Homme problématique (1955) e Pour une sagesse tragique (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matrona . Foi a primeira en impulsar os principios do monacato. Foi cativa de Alarico. A súa festividade celébrase o 31 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, irmán de san Marcos. Morreu decapitado xunto co seu irmán durante a persecución de Diocleciano. A súa festividade celébrase o 18 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Merlín (Agolada). O seu cumio acada os 663 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa, filla dun funcionario imperial e irmá maior de santo Ambrosio e de san Sátiro, educados por ela. Aparece representada con dous nenos (os seus irmáns). A súa festividade celébrase o 17 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marcelino Martínez Cao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio do mes de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (296-308). Foi mártir durante a persecución de Diocleciano xunto cun tal Pedro, segundo a inscrición atopada nunha catacumba romana. Viste de pontifical co sagrado palio e a tiara na cabeza e como atributos persoais leva o pergamiño e unha espada ou puñal. A súa festividade celébrase o 2 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Marcellinus, diminutivo de Marcellus e este de Marcus. Presenta os hipocorísticos Cheluco, Nucho, Manino (para o masculino) e Nucha e Manina (para o feminino). Destacan con este nome san Marcelino, que se celebra o 2 de xuño e santa Marcelina, que se celebra o 17 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Baña baixo a advocación de santa Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Acadou fama internacional coa súa obra mestra Estro poetico-armonico, unha colección de 50 salmos. Tamén compuxo a sátira sobre a ópera contemporánea Il teatro alla moda (1720), a pastoral Calisto in Orsa (1725) e as óperas Dorinda (1729) e Arianna. O seu irmán Alessandro Marcello (Venecia 1684-1750), foi violinista, discípulo de Tartini, e deixou música instrumental e relixiosa, unha cantata de cámara e concertos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e bispo de Ancira. Opúxose ao arianismo e foi apoiado por Atanasio e os niceos, pero foi acusado de sabeliano e desterrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Centurión romano. Casou con santa Nunia e tiveron unha ducia de fillos, todos eles mártires e santos. A súa festividade celébrase o 30 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de París. Segundo a lenda, librou a cidade dun dragón que habitaba a sepultura dunha muller adúltera, morta sen se arrepentir. A súa festividade celébrase o 1 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (308-309) e mártir. Atacou os cristiáns renegados e apóstatas públicos mediante a esixencia de penitencia pública. Detido por orde do Emperador Maxencio, este obrigouno a ser o seu palafreneiro dentro da súa propia igrexa, transformada en corte de cabalos. Morreu martirizado. A súa festividade celébrase o 16 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1555). De nome Marcello Cervini, dirixiu a sé papal entre abril e maio, e preparou a restauración do Concilio de Trento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en Ourense en 1942 para continuar co traballo que Marcelo Macías García desenvolvía a prol do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Entre os seus obxectivos está o fomento do Museo e Arquivo Provincial de Ourense, a xestión dos fondos económicos de ambos os dous centros, e o estudio, investigación e difusión do patrimonio cultural, sobre todo no campo da antropoloxía, a arqueoloxía, a arte, a historia e a bibliografía. O seu primeiro director, Xesús Ferro Couselo, contou con colaboradores como Florentino López Alonso-Cuevillas, Vicente Martínez-Risco, Xoaquín Lorenzo Fernández e Carlos Vázquez Varela. Publicou o Boletín Auriense entre 1943 e 1953 e os seus anexos, a serie Guías do Patrimonio Cultural e numerosas obras, entre as que destaca Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova (1991). En 1983 recibiu o Premio Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista romano. Foi membro do consilium de Antonino Pio e de Marco Aurelio. Pensador agudo e intelixente, criticou as opinións dos xuristas antigos, e escribiu Digesta, en 31 libros. Tamén escribiu unhas notae ás Digesta e ás regulae de Pomponio, uns comentarios Ad legem Iuliam et Papiam e cinco libros De officio consulis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Marcellus, diminutivo de Marcus e xentilicio da familia Claudia. Destacan con este nome san Marcelo I, celebrado o 26 xaneiro; san Marcelo de París, celebrado o 1 de novembro; san Marcelo de León ou da Gallaecia, celebrado o 30 de outubro; Marcelo II; e santa Marcela de Roma, celebrada o 31 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO