"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi membro fundador da sección filolóxica do Institut de Estudis Catalans. Despois duns anos de dúbida entre as súas aspiracións románticas e a súa vida burguesa, decidiu encamiñarse cara a un rexeitamento consciente da retórica romanticista e unha volta á expresión sinxela da realidade cotiá. Converteuse nun axitador que promoveu unha ideoloxía dinámica, cosmopolita e moderna. Despois desta etapa, entrou nunha época modernista que marcou o seu estilo. Das súas obras destacan Poesies (1895), Visions i Cants (1900), Les disperses (1904), Enllà (1906) e Seqüències (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mosaicista. Introduciu o moderno mosaico artístico en España e adoptou o estilo Art Nouveau. Traballou en diversas obras de Domènech i Montaner en Barcelona e Comillas, e no Rosari Monumental de Montserrat (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Nacionalizado estadounidense, na súa obra, cunha prosa influída por S. Freud e T. Mann, rexeita a Hungría socialista, e expresa o desarraigamento do exiliado. Escribiu as memorias Egy polgár vallomásai (As confesións dun burgués, 1934), as novelas Béke Ithakában (Paulo en Ítaca, 1952) e San Gennaro vére (O sangue de san Xenaro, 1963), e o volume de poesía selecta A delfin visszanézett (O golfiño observa ao seu redor, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de fíos, pelos ou cousas semellantes enleados entre si e que son difíciles de separar.

    2. Gran cantidade de cousas mesturadas ou enleadas que son difíciles de separar.

    3. Asunto enleado ou intricado, que presenta unha difícil resolución.

    4. Madeixa de liño ou estopa que xa está fiada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gran cantidade de cousas mesturadas ou enleadas que son difíciles de separar.

    2. Trampa ou embuste con que se engana a unha persoa para conseguir algo dela ou poñela nunha situación comprometida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Marañao entre Seoane de Arcos (O Carballiño) e Longos (San Cristovo de Cea). Trátase dunha ponte de cantería construída entre os ss XVII e XVIII con arcos de medio punto de perfil alombado e calzada de pedra. Sitúase no camiño vello de San Bieito de Marañao (San Cristovo de Cea) a San Fagundo (San Cristovo de Cea).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Despois da Revolución de Setembro de 1868, a Junta Revolucionaria encargoulle a redacción dunha declaración de dereitos humanos que serviu como base ao primeiro artigo da Constitución de 1869. Francisco Giner de los Ríos publicou postumamente unha escolma dos seus artigos titulada Estudios jurídicos (1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Fundou, xunto co xesuíta F. X. Butinyà, a orde das xosefinas en 1875. Foi superiora xeral da congregación de 1898 a 1912.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NL de Brasil, con saída ao Océano Atlántico polo N (329.556 km2; 5.651.475 h [2000]). A capital é São Luís. Está formada por unha ampla chaira costeira ao N e unha rexión de cumios chairos cara ao interior. O clima é ecuatorial, con chuvias abundantes. A poboación é india no interior, mentres os negros, mulatos e mestizos concéntranse na costa. Posúe cultivos de algodón, cana de azucre e arroz. É unha das zonas pesqueiras máis importantes do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de San Cosmede de Cusanca (O Irixo) e A Corna (Piñor). O seu cumio acada os 872 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Monte de herba que vai deixando o segador coa gadaña.

    2. Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘bacallao’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Perú, que nace na Cordillera Central dos Andes, no departamento de Huánuco, preto do Cerro de Paco (1.500 km). Discorre entre os Andes Centrais e Orientais, e únese co Ucayali preto de Naura, formando parte do curso superior do Amazonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, historiador e ensaísta. Xunto con J. Ortega y Gasset e Ramón Perez de Ayala constituíu a Agrupación ao Servicio da República. Exiliouse en París durante a Guerra Civil Española. Escribiu obras científicas, das que destacan Las glándulas de secreción interna y las enfermedades de la nutrición (1914), Tres ensayos sobre la vida sexual (1926), Amor, conveniencia y eugenesia (1929) e Los estados intersexuales en la especie humana (1929); históricas, como Ensayo biológico sobre Enrique IV de Castilla y su tiempo (1930), El conde-duque de Olivares: la pasión de mandar (1936); e as histórico-científicas Raíz y decoro de España (1933), Liberalismo y comunismo e Vocación y ética (1935). Foi membro da Real Academia Española desde 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro. Coñecido como o Trapense, dirixiu unha partida absolutista de Espluga de Francolí a partir de 1822 e pertenceu á facción máis extremista dos realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repregamento das veas xugulares no caso de bocio prominente, proxectado cara ao interior do tórax, que se manifesta claramente erguendo os brazos coa cabeza estirada cara a atrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das marantáceas, que presenta raíces tuberosas e follas pecioladas e envainantes, dísticas, sen lígula e cos bordos vivamente coloreados. As flores son hermafroditas e asimétricas. Comprende unhas 25 especies, propias de América tropical, das que destaca M. arundinacea; dos seus tubérculos extráese o arrurruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marantáceas.

    2. Planta da familia das marantáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas perennes, da orde das zinxiberais, que presenta follas grandes, pecioladas e dísticas, flores hermafroditas, trímeras, asimétricas e heteroclamídeas e froito en cápsulas loculicidas ou baciformes. Son especies tropicais, a maioría americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘gato’.

    VER O DETALLE DO TERMO