Marañao, ponte
Marañao, ponte
Construción situada sobre o río Marañao entre Seoane de Arcos (O Carballiño) e Longos (San Cristovo de Cea). Trátase dunha ponte de cantería construída entre os ss XVII e XVIII con arcos de medio punto de perfil alombado e calzada de pedra. Sitúase no camiño vello de San Bieito de Marañao (San Cristovo de Cea) a San Fagundo (San Cristovo de Cea).