"AIX" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 193.

  • Denominación de Orixe creada pola Orde de 4 de xullo de 1988 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. A zona amparada para a produción dos viños protexidos pola Denominación de Orixe Rías Baixas atópase nas provincias de Pontevedra e no sur da provincia da Coruña, organizándose nas subzonas de val do Salnés, condado de Tea, O Rosal, Soutomaior e ribeira do Ulla. Realízase con uvas brancas de albariño, loureira branca ou marqués, treixadura e caíño, coas complementarias torrontés e godello, e con uvas tintas caíño tinto, espadeiro, loureira tinta e sousón, coas complementarias mencía e brancellado. Produce os viños brancos Rías Baixas Albariño, Rías Baixas Condado do Tea, Rías Baixas O Rosal, Rías Baixas Salnés, Rías Baixas Ribeira do Ulla, Rías Baixas e Rías Baixas barrica, e o tinto Rías Baixas. Os viños da variedade Albariño teñen unha cor amarela pallosa e brillante e posúen aromas florais e froitosos finos, son frescos e suaves. Os viños do Rosal e do Condado son de intensos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Bos Aires a partir de 1991. Subtitulada “Revista de Difusión del Centro Noia-Rianxo de Buenos Aires”, foi editada por esta sociedade de emigrantes en Arxentina. Dirixida por Santiago Laranga Arufe, funcionou como publicación societaria para achegar Galicia e a súa realidade aos membros do asociación. Incluíu artigos sobre o Camiño de Santiago, lembranzas dos emigrantes e descricións das paisaxes e dos costumes de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ribadeo 5.10.1950) Escritor e historiador. Licenciado en Historia Moderna e Contemporánea, colaborou en Cuadernos de Educación. Foi autor de Ingenieros militares en el siglo XVIII (1985), en colaboración; O rei dos ameneiros (1987), en que narra a situación social da Galicia rural de principios do s XX; Tierra de oro: la América española en la edad moderna (1989), Dous fados (1995) e Días de pedra (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Licenciado en Ciencias da Información e en Imaxe en Madrid, os seus primeiros contactos co cine producíronse a través do Club Amateur da Coruña. En 1971 dirixiu as curtametraxes Antón 70, A costa de Lugo e O encontro, en formato súper 8. En 1972 creou, xunto con Xavier Iglesias e Miguel Gato, o Grupo Enroba, co que realizou as curtametraxes, tamén en súper 8, Foi Grass (1972) e A morte do Mariscal (1973). Tamén dirixiu as curtametraxes O documento (1974), en 16 mm, e O cadaleito (1976), en 35 mm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, crítico da arte e deseñador industrial. A súa actividade artística vinculouse ao grupo Atlántica na década de 1980, en cadros en que os signos vexetais ou marítimos están presentes, nunha submisión total ao proceso pictórico en obras de claro carácter atlantista en canto ao cromático e o xestual. Esta xestualidade de carácter expresionista fíxoo herdeiro do Action Paintig americano. Desde o expresionismo da década de 1980 evolucionou cara a unha pintura máis reflexiva, persoal e informalista, liberada de esquemas preconcibidos e canons impostos. Participou en diversas exposicións en Galicia. Destaca a súa obra Nidos de espuma (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e tradutor. Formado en filosofía e letras, colaborou en diversas publicacións, como as revistas Nordés e A Trabe de Ouro. A súa obra poética caracterízase por unha gran riqueza léxica e preocupación formal, e por unha voz poética reflexiva e nostálxica ao mesmo tempo. O seu primeiro libro de poemas foi Fentos no mar (1981), inspirado nos máis destacados poetas portugueses. Posteriormente publicou Lembranza do areal (1985), en que evoca algunhas lembranzas de tempos pasados. No seu libro recompilatorio Anos de viaxe (Poesía 1981-1987) (1987) incluíu, ademais dos libros de poemas xa publicados, outros dous titulados Celestes faiados, escrito en 1985 e daquela inédito, e A gándara da noite (1987, Premio da Crítica española). Neste último, onde aparecen trazos da súa infancia en forma de percorrido vital, expresa a fugacidade do tempo e a irremediable chegada da morte. Continuou a súa produción con Visitantes (1991,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Zas de Rei (Melide). Ten planta en escuadra e é de proporcións modestas. Presenta un escudo nunha das fachadas que conforman a escuadra e un pequeno balcón de pedra. Destaca a cabeza de home situada a maneira de gárgola na cheminea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Nord, en Flandres, Francia (96.984 h [1999]). Situada á beira da canle homónima, preto da fronteira belga, está unida ao N co núcleo de Tourcoing, e forman ambas as dúas unha conurbación con Lille. Destaca como centro industrial, sobre todo téxtil, tanto de fibras naturais coma artificiais, con predominio da la. Señorío no s XI, en 1469 obtivo o privilexio de fabricar tecidos. En 1579 Filipe II de Castela fixo dela un marquesado. Ao longo do s XVIII a súa industria téxtil diminuíu moito debido ao monopolio que se lle outorgou a Lille, pero durante o século seguinte alcanzou un grande impulso grazas ao liberalismo económico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Paradela (Meis). Ten planta en forma de L, con baixo e piso, e destaca o balcón corrido e con balaústres da fachada posterior. O conxunto complétase cun xardín que se rodeou cun muro de cachotaría. Foi restaurado na segunda metade do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político turco. En 1908 ingresou na Sociedade da Unión e o Progreso, órgano do movemento dos Mozos Turcos, do que foi un líder notable. En 1909, despois da revolución, foi ministro do Interior e de Comunicacións e, en 1913, membro do triunvirato de goberno, con Enver Paixá e Cemal Paixá. Foi gran visir (1917-1918) e en 1918 refuxiouse en Alemaña, onde foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de pratos, vasos, cuncas e outros recipientes destinados ao servizo da mesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e tradutor. Especializado en relato curto, teatro e, sobre todo, literatura xuvenil, con novelas como Rovelló (1968), En Mir l’esquirol (1978), Les aventures del rellotge (1981) e Un estrany a làrca (1993). Recibiu os premios Serra d’Or (1980), a Creu de Sant Jordi (1988) e o Premi d’Honor das Lletras Catalanes (2000). É membro da sección filolóxica do IEC desde 1991. A partir de 1983 convocouse un premio de ensaio co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña dos Países Baixos (1948-1980), filla da Raíña Guillermina dos Países Baixos e do duque Enrique de Mecklenburg-Schwerin. Casou co príncipe Bernardo de Lippe--Biesterfeld e en 1980 abdicou na súa filla (Beatriz I dos Países Baixos).

    VER O DETALLE DO TERMO