Rías Baixas, As

Rías Baixas, As
[PUBLIC]

Revista publicada en Bos Aires a partir de 1991. Subtitulada “Revista de Difusión del Centro Noia-Rianxo de Buenos Aires”, foi editada por esta sociedade de emigrantes en Arxentina. Dirixida por Santiago Laranga Arufe, funcionou como publicación societaria para achegar Galicia e a súa realidade aos membros do asociación. Incluíu artigos sobre o Camiño de Santiago, lembranzas dos emigrantes e descricións das paisaxes e dos costumes de Galicia.

Palabras veciñas

Rías Altas | Rías Baixas | Rías Baixas | Rías Baixas, As | Riasón | Riau | Riaza