"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

  • Termo do barallete, xerga dos afiadores ou paraugueiros, que corresponde á voz ‘acabar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. Redactora da Enciclopedia Galega Universal e investigadora no eido da Literatura Medieval. Autora do artigo “Encrucillada sociolingüística do Paraguai”.
    Na actualidade é profesora e vicedirectora do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Asiria setentrional, no actual Kurdistán iraquí, ao leste do Tigris. Foi coa súa capital Arbela (actual Arbīl), unha das provincias máis importantes do Imperio Asirio, Persa e Seleúcida. Baixo os partos acadou unha certa independencia, malia que era un reino tributario destes, que rematou co sometemento ao Imperio Romano en tempos de Traiano, no ano 114, se ben quizais xa era un protectorado romano dende a época de Marco Aurelio. Posteriormente, rematou baixo o dominio dos sasánidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da Etiopía, situada ao pé dos montes Entotto e ao L do altiplano de Shewa, a 2.730 m alt (2.112.737 h [1994]). Addis Abeba encóntrase nunha rexión agrícola, fértil e ben regada. Cidade de aspecto moderno, constitúe un importante núcleo de comunicacións. Centro administrativo, comercial e cultural, conta con universidade e   importantes museos. É sede da Organización para a Unidade Africana. A creación de Addis Abeba foi obra de Menelik II (1889), que transferiu alí os órganos administrativos do imperio etíope. Ao final da Guerra de Etiopía (1936), os italianos convertérona en sede do seu vicerreinado de África Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Adis Abbeba, capital de Etiopía, ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Adis Abeba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica francesa. Participou, entre outras, nas películas: L’histoire d’Adèle H (1975),   Nosferatu (1978), Quartet (1981), Possession (1981), Camille Claudel (1988), Mexic Affair (1993) e La reine Margot   (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa rusa que asinaba baixo o pseudónimo Bella Akhatovna Akhmadulina. A súa poesía é de ton intimista, garda certas relacións co acmeísmo, pero cre na relación entre o artista e o home da rúa. Da súa obra cómpre destacar Struna (Corda, 1962), o seu primeiro libro, Uroki muzyki (Leccións de música, 1969), Stikhi (Poesías, 1975) e Sni o Grusii (Soños de Xeorxia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tella do beiral ou beirado dun tellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de gravadores do s XIX. Camil Alabern i Casas (1825-1876) foi primeiro gravador na Fábrica del Sello en Madrid e fixo os gravados do Atlas Geográfico de España. Ramon Alabern i Casas (Barcelona s XIX) traballou en París con Daguerre. Realizou a primeira fotografía da Península Ibérica (1839), un daguerrotipo de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo o dereito musulmán, constitución de bens en usufruto a beneficio de determinadas persoas ou entidades, especialmente benéficas, mesquitas, hospitais ou para axuda dos pobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que non di a verdade, que engana e trabuca á xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba anual, de ata 30 cm de altura, moi olorosa, de follas enteiras, de cor verde avermellada, ovais e lixeiramente dentadas. Orixinaria da India, cultívase dende a Antigüidade como ornamental na rexión mediterránea. As súas follas, frescas ou secas, son moi apreciadas, xa dende os tempos dos gregos e dos romanos, como condimento dalgunhas preparacións: ensaladas, peixes graxos, setas, pratos con ovos, estofados de carne, tomate fresco ou en salsa, pratos de pasta, sopas ou cremas de verduras e, especialmente, como ingrediente para a elaboración de prebes ( pesto). Cultívase tamén para extraer aceites esenciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Por orde alfabética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao alfabeto.

    2. Expresado con letras.

    3. Ordenado segundo as letras do alfabeto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alfabetizar.

    2. Ordenación das cédulas dun catálogo, dun índice ou dun cedulario segundo a orde do alfabeto.

    3. Proceso, orientado a un grupo cunha compoñente cultural e social (adultos) determinada, polo que un individuo adquire a capacidade de escribir o propio nome, ler textos sinxelos e realizar operacións aritméticas elementais. Debido ás necesidades das sociedades tecnoloxicamente modernas, esta definición está a ser revisada para integrar os analfabetos funcionais e os de segunda xeración. Todo proceso alfabetizador precisa dunha continuidade, tanto cultural como pedagóxica, que permita conservar os coñecementos a través da práctica cotiá. Este aspecto implica a imposibilidade de poñer en práctica aquilo que se ten aprendido, o que constitúe unha fonte continua de problemas que non permite determinar a evolución, aumento ou diminución dos alfabetizados, inclusive o que significa ser analfabeto. O proceso de alfabetización, dende o punto de vista tradicional, é o primeiro paso da educación de adultos e remite á escolarización. O caso galego, considerado na súa globalidade (observando factores...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer en orde alfabética unha serie de letras ou un conxunto de palabras, especialmente as fichas lexicográficas ou as fichas dun catálogo. Normalmente, alfabetízase segundo a ordenación do alfabeto de cada lingua, que adoita variar dunha a outra. Cando se trata de series compostas de grupos de palabras, pódese alfabetizar palabra por palabra (cando a primeira palabra dun grupo é a única que conta) e letra por letra (cando todas as letras dun grupo de palabras son consideradas coma se formasen unha única palabra).

    2. Ordenar alfabeticamente, unha tras outra, as cédulas lexicográficas ou as fichas dun catálogo.

    3. Ensinar a ler e a escribir ou ben instruír, sobre todo a persoas adultas, co fin de reducir o número de analfabetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de letras empregadas na escritura dunha lingua. É unha palabra composta coas dúas primeiras letras do alfabeto grego, αλ ϕ α (alfa) e βετα (beta). Tamén se utiliza o termo abecedario. É o tipo de escritura máis común no mundo de hoxe e oponse á escritura ideográfica e á silábica. O alfabeto é un sistema de escritura baseado no principio da correspondencia dun signo para cada son ou fonema. O descubrimento do alfabeto correspóndelles principalmente aos fenicios.
      O alfabeto fenicio

      O interese polo alfabeto fenicio radica no feito de ser o único que sobreviviu e que deu orixe a todos os grandes sistemas de escritura (agás o de Extremo Oriente) adoptados logo en calquera parte do mundo. Nunha primeira fase o alfabeto fenicio era consonántico. As figuras desta fase atopáronse en Biblos, e o seu alfabeto denomínase fenicio arcaico. Consta de 22 letras, só consoantes, sen que se indique...

    2. Notación alfabética.

      1. alfabeto fonético Sistematización gráfica convencional por medio da que se intentan transcribir os trazos fonéticos de todo tipo de locucións fónicas. A orixe dos alfabetos fonéticos vén ser simultánea ás primeiras especulacións fonético-ortográficas adecuadas. Realmente a necesidade de alfabetos fonéticos fíxose particularmente evidente cando se constataron tantas discrepancias entre a pronuncia das linguas medievais e os alfabetos de base latina e cirílica -sobre todo en Europa- que a cultura manuscrita impuxera. Axiña se descubriu que cada lingua presenta supostos estruturais propios de tipo fonético e que cumpría buscar as respectivas adecuacións á hora de transcribilos. Isto unido á formación científica diversa de moitos fonetistas, determina a creación dun gran número de alfabetos fonéticos en calquera parte dos países cultos. As relacións entre fonética e lingüística obrigaron a establecer diversos graos de transcrición a partir, sobre todo, da distinción entre transcrición fonolóxica...

      2. alfabeto fonético internacional

    3. alfabeto Morse

    4. alfabeto telegráfico

    5. Dise da persoa que sabe ler e escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora chilena. Sobriña de Salvador Allende, estudiou Xornalismo e colaborou en distintas publicacións como Mampato Magazine (1969-1974), Channel 7 (1970-1974) e Nacional (1976-1983). Exiliouse e estableceuse enVenezuela tralo golpe de estado de Augusto Pinochet (1973). As súas novelas caracterízanse pola elaboración dun realismo máxico que rodea e describe historias familiares baixo a sombra de Chile. Publicou, entre outras, La casa de los espíritus (1982), De amor y de sombra (1984), Eva Luna (1989). Cultivou tamén o relato (El plan infinito, 1990; Afrodita, cuentos y otros afrodisiacos, 1997) e publicou unhas memorias (Paula, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten ou manexa unha almadraba.

    VER O DETALLE DO TERMO