Alabern
Alabern
Familia de gravadores do s XIX. Camil Alabern i Casas (1825-1876) foi primeiro gravador na Fábrica del Sello en Madrid e fixo os gravados do Atlas Geográfico de España. Ramon Alabern i Casas (Barcelona s XIX) traballou en París con Daguerre. Realizou a primeira fotografía da Península Ibérica (1839), un daguerrotipo de Barcelona.