"Anu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1145.
-
GALICIA
Violinista, compositor e editor. Foi promotor e fundador de orfeóns, do mesmo xeito que fixeron Xoán Montes, Pascual Veiga e Chané nesa época, co fin de defender e divulgar o noso folclore musical. En 1854 fundou o primeiro establecemento musical de Galicia. Foi o primeiro e segundo director do Teatro Principal da Coruña (1861-1862), e a partir de 1863 converteuse en protector dos músicos galegos, dedicándose á edición das súas obras; así, editou os Cantares viejos y nuevos de Marcial del Adalid, e obras de Pedrell e Montes. Na faceta de compositor podemos citar a muiñeira Alfonsina, a zarzuela nun acto La luna de hiel, a canción Un sospiro, inspirada nun texto poético de Manuel Martínez González, a peza O día en que saín da patria miña e numerosas melodías e himnos. Foi alcalde da Coruña, membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1879) e presidente da Academia Provincial de Bellas Artes da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Colaborador de diversos xornais de Galicia e Asturias, asinou algúns dos seus traballos cos pseudónimos como Rogueiber e Manuel de Vicenta. Publicou a novela A pecadenta silenzosa (1927) e a peza dramática Ollo cos estudantes (1930). Escribiu tamén en castelán as pezas Trampa adelante e Engaño sobre engaño. Ingresou na Real Academia Galega en 1958 en recoñecemento ao seu labor xornalístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou ensaios violentos como Mort de la pensée bourgeoise (Morte do pensamento burgués, 1929) e dirixiu o semanario Marianne (1932-1937), desde onde loitou polos seus ideais pacifistas. Son posteriores Histoire de l’Europe (Historia de Europa, 1946-1947) e a súa autobiografía Sylvia (1952), o seu libro máis coñecido. A súa obra máis destacada é o diálogo con P. Modiano titulado Interrogatori (Interrogatorios, 1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático de Química Inorgánica. Exerce como director do Grupo de Investigación de Química Inorgánica da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela. Investigou, principalmente, a química de coordinación con metais esenciais para a vida, a cristaloquímica, a fotosíntese artificial, a química de sistemas supercondutores, a fixación do SO2 con precursores metálicos, os helicatos metálicos miméticos do ADN e o uso de manganoenzimas como catalizadores. Participou en proxectos e convenios nacionais e internacionais sobre a fotosíntese artificial, a desulfuración con complexos metálicos, a modelización teórica e os biomodelos do manganeso. Dedicouse á Pedagoxía e á Historia da Ciencia, contribuíndo á normalización lingüística do galego nas súas publicacións. Entre as súas obras destacan: Carbenos e carbinosarbinos (1983), O patrimonio histórico da Universidade de Santiago de Compostela (1996) e Manual práctico de Química Agrícola (1998). Foi director...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Indiano. Chegou á Banda Oriental do Río de la Plata como soldado; sen embargo, trala súa invalidez instalouse alí como un dos poboadores de Montevideo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da arte italiano. Foi profesor de Historia da Arte Antiga en diversas universidades italianas ata 1965. Como director xeral de antigüidades (1945-1948) levou a cabo a reorganización dos museos italianos e a restauración dos monumentos afectados pola guerra. Dirixiu a Escola Nacional de Arqueoloxía e a publicación colectiva Enciclopedia dell’arte antica, classica e orientale (Enciclopedia da arte antiga, clásica e oriental, 1958-1967). Entre os seus traballos sobresaen: Storicità dell’arte classica (Historicidade da arte clásica, 1943), La fine dell’arte antica (A fin da arte antiga, 1970) e Dall’elenismo al medioevo (Do helenismo ao medievo, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que acontece ou se fai dúas veces ao ano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública con sede en Roma. Inaugurouse no 1876 coas bibliotecas de 69 casas relixiosas romanas, que foran suprimidas no 1873, xunto coa biblioteca do Collegio Romano. As coleccións de manuscritos son moi valiosas. Funciona amodo de biblioteca central e dispón duns 4.500.000 volumes.
-
GALICIA
Actor e director de escena. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago, foi un dos animadores da vida teatral en Ourense durante os sesenta e setenta. Principiou a súa traxectoria teatral no teatro universitario de Santiago de Compostela e como actor do grupo de teatro Valle-Inclán, participando no espectáculo Don Hamlet, estreado en 1970, nese mesmo ano creou o colectivo Histrión 70, un dos primeiros grupos independentes, canteira de futuros profesionais, con esta compañia dirixirá varios espectáculos entre os que cómpre salientar Antígona (1976), a partir da adaptación de Bertolt Brecht, e A pancarta (1978), a partir do texto homónimo de J. Díaz. Desde finais dos anos setenta reside en Portugal, primeiro traballou co Teatro Experimental do Porto e, finalmente, instalouse en Lisboa onde fundou o Teatro Ibérico, compañía coa que creou un repertorio baseado en textos de autores da dramaturxia castelá. En 1990 volveu a Galicia para asumir a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Dende 1956 exerceu a docencia na Escola Oficial de Xornalismo. Os seus comezos profesionais foron en El Español, dende onde pasou a Radio Nacional, para incorporarse en 1946 ao diario Pueblo como comentarista de política internacional. Publicou: El Kominform: quinta columna del comunismo (1948), USA: patología de la prosperidad (1963), La América invisible (1966), Rapsodia americana (1966) e Blues para una democracia (1977), e as novelas El guapo americano y el feo ruso (1964) e Vísperas de juicio final (1966); o seu Diario íntimo permanece inédito. En 1952 acadou o Premio Nacional de Periodismo e, en 1972, o de Periodista de Honor. Desempeñou os cargos de director xeral de Prensa e de Cultura Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor uruguaio. Autor de escenas históricas, alegóricas e anecdóticas. Son interesantes as súas visións gauchescas, realistas e de espírito plein air. Son obras súas o Retrato de Solano López e o Bombardeo de Paysandú.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles da familia dos anfisbénidos ao que pertence o escáncer cego.
-
PERSOEIRO
Historiador da literatura e filólogo. Especialista na poesía castelá do Século de Ouro, publicou a edición crítica de toda a poesía de Quevedo (1969-1981), Herrera (1975) e Lope de Vega (1981). É tamén autor de Sobre el rigor poético en España y otros ensayos (1977) e La vida como discurso (1981). No ano 1993 recibiu o Premio Menéndez y Pelayo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e filólogo. Na súa obra máis coñecida A comparative grammar of South African languages (Unha gramática comparativa sobre as linguas de Sudáfrica), establece unha comparación tipolóxica entre o bantú e o hotentote.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Aos 14 anos enrolouse no rexemento de Infantería en Setúbal e logo entrou na Académia Real da Marinha. Posteriormente embarcou con rumbo á India (1786) e, despois dunha estadía no Brasil, retornou a Lisboa en 1789. Irreverente coa monarquía e a relixión, foi perseguido pola Inquisición debido á vida bohemia que levaba e ás sátiras que escribía e recitaba, o que provocou o seu encarceramento no Limoeiro en 1797 e o posterior enclaustramento no mosteiro de São Bento e no Oratorio, para logo ser posto en liberdade en 1798. Grande ilustrado e poeta prerromántico, a obsesión pola morte e os clamores retóricos de celos e blasfemia, de actitude claramente prerromántica, engadiron un lánguido erotismo e un concepto da divindade que pertencen de cheo á tradición do s XVIII. Escribiu odas, cantatas, epigramas e sobre todo sonetos, reunidos en tres volumes de Rimas (1791, 1799 e 1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrador e pintor. Estudiou Belas Artes na escola de Sant Carles de València (1961-1966). Alternou os seus estudios coa práctica do pop-art. Colaborou con Armengol e Heras (Trilogia monoteista, Falconeria). Durante os anos 1966 e 1967 derivou cara a un populismo de matiz moralizante. Entre 1974 e 1980, a súa obra redescubriu un certo barroco doméstico que incorpora obxectos ao lenzo ou simula cadros desconxuntados. Desta época salientan as obras Trama i ordit (Trama e urdidura, 1978) e Deu imatges de les Germanies (Dez imaxes das Xermanías, 1978). No campo da ilustración publicou numerosos libros infantís e xuvenís, revistas e diarios. No 1980 gañou o Premio Nacional de Artes Plásticas e no 1986 o Premio Nacional de Ilustración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista portugués. Organizou un Inquérito lingüístico (1942), que facilitou o estudo dos dialectos portugueses. Foi o fundador da Revista Portuguesa de Filología (1947) e o seu director.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo romanés. A súa poesía Melodii române (Melodías romanesas, 1858) influíu na vida política do seu país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar hondureño. Ministro da Guerra e vicepresidente da República en 1891, foi Presidente do país entre os períodos 1903-1907, 1912 e 1913, nos que impuxo un goberno ditatorial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Pertencente a unha familia de artistas, iniciou a súa formación no taller do seu pai, Manuel Bonome Barreiro e na Escola de Artes. Obtivo unha bolsa do Ministerio de Educación Nacional e da Deputación da Coruña para estudar Belas Artes en París; ingresou na Escola do Louvre e instalouse na Cidade Internacional Universitaria. Esta ensinanza compatibilizouna coa recibida no estudo de escultura e fábrica de cerámica de Santiago Bonome. Na capital parisina participou activamente nos movementos vangardistas pitóricos e escultóricos. En 1955 tomou parte na exposición de novos artistas en París con motivo da festa nacional La Gar de Emparty e na Exposición Internacional de Arte no Palacio de Arte Moderna Trocadero. Colaborou cos estudios cinematográficos Boulogne e participou na montaxe da película Nôtre-Dame de Paris. Ao regresar a Galicia, ocupou unha praza como escultor anatómico da Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1959), traballo que compatibilizou...
VER O DETALLE DO TERMO