Bonome Abeledo, Manuel
Escultor. Pertencente a unha familia de artistas, iniciou a súa formación no taller do seu pai, Manuel Bonome Barreiro e na Escola de Artes. Obtivo unha bolsa do Ministerio de Educación Nacional e da Deputación da Coruña para estudar Belas Artes en París; ingresou na Escola do Louvre e instalouse na Cidade Internacional Universitaria. Esta ensinanza compatibilizouna coa recibida no estudo de escultura e fábrica de cerámica de Santiago Bonome. Na capital parisina participou activamente nos movementos vangardistas pitóricos e escultóricos. En 1955 tomou parte na exposición de novos artistas en París con motivo da festa nacional La Gar de Emparty e na Exposición Internacional de Arte no Palacio de Arte Moderna Trocadero. Colaborou cos estudios cinematográficos Boulogne e participou na montaxe da película Nôtre-Dame de Paris. Ao regresar a Galicia, ocupou unha praza como escultor anatómico da Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1959), traballo que compatibilizou co de profesor na Escola de Artes e Oficios e na Escola Anatómica de Ensino Especial. Realizou exposicións en París, Londres, Santiago, A Coruña, Madrid e Barcelona. Participou nas Bienais de Pontevedra de 1979 e 1980, ano no que tamén expuxo na Bienal de Portugal. En 1991 tivo lugar unha exposición antolóxica da súa obra e unha homenaxe por motivo da súa xubilación, organizada polo Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Conxo